ADEGA rexeita este sistema por inseguro, ineficiente e insustentábel e non descarta acudir a unha nova ILP para loitar contra outra “SOGAMA bis
A actividade pretende reivindicar os valores do monte fronte ás chamas Diversos centros educativos e entidades ecoloxistas celebrarán en diversas localidades do país, mañá, 27 de febreiro, unha plantación humana, seguida dunha plantación forestal, para reivindicar a importancia dos nosos montes e a súa protección logo dos devastadores efectos das chamas.
O Colectivo Ecoloxista do Salnés puido observar como o río da Chanca que transcorre pola parroquia de Simes (Meaño) está a sufrir dous impactos ambientais debido a dúas actuacións diferentes que están a levar a cabo dúas administracións diferentes. Estas dúas actuacións son: (more…)
O domingo 18 de febreiro de 2007, no Carballiño, vaise celebrar o IV Copa de España de Caza do Raposo. Ante esta “celebración” varios colectivos ecoloxistas e sociais englobados na Plataforma “Matar por matar NON” (na cal non está integrada o CES por non comprender a nosa área de actuación territorial pero na que si coincidimos e apoiamos nos seus obxectivos) declararon públicamente o seu rexeitamento con varias accións: concentración na praza maior de Carballiño o 4 de febreiro (á que asistiron centos de persoas), edición de carteis e pegatinas que se poden ver na maior parte dos establecementos públicos de Carballiño e comarca, manifestos, notas de prensa, debates en televisións locais e autonómicas… Esta campaña complementarase cunha acción de repulsa deste tipo de campionatos de caza o propio día da súa celebración que consistirá en que todos aqueles que queiran asistir teñen que presentarse diante do Concello de O Carballiño entre as 6 e as 13 h da mañan do día 18 e cubrir un impreso cos seus datos para comprometerse a participar de forma pacífica.
(more…)
A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA puido saber que no comité de caza de Ourense solicitará ao Comité Galego de Caza que na próxima orde de Vedas 07-08, no se estenda a caza de raposo ao mes de febreiro, en calquera das súas modalidades, incluída as competicións. Esta cuestións foi aprobada pola maioría dos asistentes. (more…)
Coincidindo co segundo aniversario da entrada en vigor do Protocolo de Kioto 28 organizacións ecoloxistas e de cooperación ao desenvolvemento remitiu unha carta á Comisión Europea pedindo que non dea a súa aprobación ao Plan Nacional de Asignación de dereitos de emisión para o periodo 2008-2012 de España (PNA 2) sen esixir modificacións.
Segundo as organizacións asinantes o PNA2 implica un aumento do obxectivo de España acordado no reparto da carga compartido polos países membros da Unión Europea como parte das súas obrigacións no Protocolo de Kioto, fai un uso desproporcionado do Mecanismo de Desenvolvemento Limpo (MDL), xustifica a utilización de Fondos de Axuda ao Desenvolvemento para a acadar créditos procedentes do MDL, realiza unha sobreasignación de dereitos ao sector eléctrico que representa unha subvención a este sector e, ademais as regras de reparto incentivan a produción eléctrica con carbón.
España presentou o pasado mes de decembro o Plan Nacional de Asignación ante a Comisión Europea, e corresponde a esta Comisión valorar se a súa formulación é consecuente e coherente coa lexislación europea.
Desde o pasado 30 de xuño, data en que finalizaba o prazo para a presentación dos Plans Nacionais de Asignación ata agora, as organizacións ecologistas estiveron tratando de explicar e aportar ao Goberno español as posibles solucións para mellorar o PNA2 de maneira que España puidese cumprir co seu obxectivo, de acordo co reparto da carga, sen recorrer en exceso ao MDL, preservando a climático. Ningunha desas recomendaciones foi tomadas en consideración.
As organizacións que asinan esta petición son:
Ecologistas en Acción
SEO/BirdLife
Fundación IPADE Ecología y Desarrollo
Entrepueblos
Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación
Asociación Medioambiental La Cirigüeña
Plataforma Antitérmicas de la Pereda
Colectivo Ecologista de Avilés
Coordinadora Ecoloxista d’Asturies
Grupo Ecologista la Llavandera de Langreo
Grupu Ornitología Mavea de Avilés
Jovenes Verdes
Sociedade Galega de Historia Natural
Verdegaia
Arca
Zornotza Bizirik
Solidaridad Internacional
Grupo Ecoloxista Niño do Azor
Adega
Comité
Ciudadano de Emergencia para la Ría de Ferrol
Asociación Medioambiental Muñatoiz
Federación Ecoloxista Galega
CCAN de León
Fundacio Terra
A Consellería de Medio Ambiente precisou en contestación por escrito diante do COGAMA que o proxecto do lago da mina das Pontes conta xa coa respectiva Declaración de Impacto Ambiental e autorización de vertido e captación sobre o Eume. A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente, sobre o reproche feito cara este colectivo no que se referiu á intención da FEG de trasladar a súa queixa á Unión Europea, e onde recriminou que “o normal será que viñeran a falar con nós antes de ir a Europa” .
A Federación Ecoloxista Galega considera que detrás do plan de restauración do burato da mina das Pontes, a converter segundo a publicidade de Endesa nun idílico lago interior, se esconde unha importante tragadeira de cartos públicos de longo percorrido e, en boa medida, subtraídos de futuros fondos destinados á protección medio ambiental.
A FEG critica o Estudo Informativo da liña de tren de alta velocidade entre Ferrol e Coruña, e o seu Estudio de Impacto Ambiental, pois alén de presentar unha serie de incorreccións, implicaría unha grave afección ao importante bosque de ribeira do río Mero e contribúe aínda máis à desor-ganización do territorio que caracteriza á conurbación Coruña-Ferrol, onde se dan trazados inde-pendentes para unha autovía, unha autoestrada e dúas liñas de tren.
Integrada por Anduxía, Bouzas Móvete, Comité Cidadán de Defensa Para a Ría de Ferrol, Foro Social de Cangas, Fusquenlla, Plataforma Ártabra 21, Plataforma contra o Viaduto e a Variante de Outes, Plataforma pola Defensa das Illas Cíes, Salvemos Monteferro, Asociación O Carballal, ADEGA, Amigos da Terra, Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), Colectivo Ecoloxista do Salnés, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Greenpeace, Luita Verde e Verdegaia; constituíuse esta mañá en Compostela a Rede Litoral Vivo. (more…)
ADEGA ven de apresentar alegacións ao documento marco que establece as condicións para o desenvolvemento da acuicultura en terra, no proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica. As nosas suxestións pretenden achegar criterios de sustentabilidade e xustiza social a unha actividade que ten provocado fortes impactos ambientais e grande controversia. O actual governo ten a oportunidade de racionalizar e regulamentar un sector que até o de agora privatizou os beneficios e socializou os impactos, cunha planificación baseada no criterio de "todo vale". (more…)
Estes días está exposición pública varios tramos do AVE A Coruña Ferrol, entre eles o tramo entre as localidades entre Betanzos e A Coruña, Tramo que pon en perigo o que queda da coñecida Fraga de Cecebre, inspiración do “Bosque animado” de Wenceslao Fernández Florez. Pero o pobo se mobiliza.
O proxecto afecta ao río Tea (LIC, lugar de interese comunitario, incluído na rede Natura 2000) ao seu paso polo concello de Covelo, augas abaixo da praia fluvial de Maceira. (more…)
A Voz, aínda que lle pese tamén o saca "Bruselas dice que tendría que intervenir si la Xunta permitiese la piscifactoría de Touriñán"
Este vinteiro xoves día 8, a partir das 11:30 da mañán, voluntarios/as de ADEGA, comuneiros/as de Santa Cruz de Lesón e persoal da empresa IMC Cosmetics-Fixonia, iniciarán as actividades de prantación forestal para a recuperación dos montes queimados na Península do Barbanza, concello de A Pobra do Caramiñal. A cita é a esta hora no cumio do monte Curotiña, dende onde partiremos cara a zona de prantación. (more…)
A Praza Maior de Carballiño acolleu ao mediodía de onte a concentración convocada por grupos ecologistas e o movemento social "Matar por matar, non" en contra do campionato nacional de caza do raposo que se disputará o día 18. Medio milleiro de persoas chegadas de toda Galicia participaron na movilización e expresaron con pegatinas e pancartas o seu rexeitamento a este torneo.
Este día celébrase en todo o mundo o Día Mundial dos Humidais co obxectivo de sensibilizar á cidadanía fronte á necesidade de conservar estes ecosistemas de singular relevancia. A primeira celebración tivo lugar en 1997, ainda que o interese por estas áreas ven xa de 1971, cando na Convención sobre Humidais celebrada o 2 de febreiro na cidade iraní de Ramsar, mais de corenta paises asinaron o chamado Convenio RAMSAR. En Galiza temos unha enorme riqueza de humidais, é só 5 con protección legal.
MANIFESTO "MATAR POR MATAR, NON"
Na vila do Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galiza vaise celebrar o día 18 de febreiro a IV Copa de España de Caza do Raposo.