07/02/ 2007

ADEGA e Fixonia colaboran nun proxecto de reforestación dos montes queimados

Prantaranse preto de 3500 árbores de especies autóctonas nos montes do Barbanza

Este vinteiro xoves día 8, a partir das 11:30 da mañán, voluntarios/as de ADEGA, comuneiros/as de Santa Cruz de Lesón e persoal da empresa IMC Cosmetics-Fixonia, iniciarán as actividades de prantación forestal para a recuperación dos montes queimados na Península do Barbanza, concello de A Pobra do Caramiñal. A cita é a esta hora no cumio do monte Curotiña, dende onde partiremos cara a zona de prantación.

Esta actividade forma parte dun proxecto financiado pola empresa IMC Cosmetics-Fixonia, no marco da campaña conxunta con ADEGA “Prantao”. A empresa colaboradora ten recuperado dende 1992, cerca de 400 hectáreas con máis de 42.000 árboles en toda a península.

Pola súa banda, ADEGA ven desenvolvendo dende o ano 2003 labores orientadas cara unha xestión sustentábel dos montes da Península do Barbanza en colaboración cos diversos sectores (comunidades, sociedades de caza, veciños/as e concellos), con intereses no monte.

Tratamos de ofrecer alternativas ao actual modelo de explotación do monte baseado case exclusivamente no monocultivo de pirófitas (eucalipto e piñeiro), un dos factores desencadenantes do problema dos lumes, e que permitan conxugar a medio prazo os intereses económicos coa conservación dos valiosos ecosistemas forestais.

Os esforzos de ADEGA neste senso perseguiron dende o primeiro momento integrar a todos os sectores implicados na xestión do monte como xeito de garantir a viabilidadee a continuidade dos proxectos así como abrir a posibikidade para a participación de empresas que como IMC Cosmetics-Fixonia teñen amosado un notábel compromiso ambiental. Esta empresa foi a primeira que no estado suprimíu os CFCs como propelente nos aerosois.

Asemade, mañán mércores ás 12 da mañán terá lugar a presentación do proxecto no Clube internacional de Prensa de Santiago.

Neste acto, intervirán: Fins Eirexas, secretario ejecutivo de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e Josep María Martínez, director xeral de IMC – Fixonia.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/02/07/adega-e-fixonia-colaboran-nun-proxecto-de-reforestacion-dos-montes-queimados/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here