NON AO TRAZADO DO AVE TREN DE CERCANÍAS XA
Estes días está exposición pública varios tramos do AVE A Coruña Ferrol, entre eles o tramo entre as localidades entre Betanzos e A Coruña, Tramo que pon en perigo o que queda da coñecida Fraga de Cecebre, inspiración do “Bosque animado” de Wenceslao Fernández Florez. Pero o pobo se mobiliza.O Concello de Cambre e Asociacións de Veciños convocan a unha concentración este domingo 11 de febreiro, ás 12 do mediodía no Campo da Feira de Cambre, para protestar polo trazado, e en prol dunha alternativa que favoreza un tren de cercanías.
Por outro lado, e a través dun bando, anima á poboación para que presenten alegacións aos trazados propostos.
Pontedeume, en risco dúas árbores senlleiras
Por outro lado, no Concello de Pontedeume, ameaza catro árbores da lista do futuro catálogo de árbores senlleiras, localizadas na Casa do Tenreiro. No seu día tivo que ser modificado o trazado da Auto estrada de A Coruña- Ferrol para non afectar esta finca e construcción, e agora vese ameazada por esta infraestructura.
Estas árbores son: Araucaria Excelsa (nº do catálogo 8A), Teixo (105A)
A lentitude de aprobación deste catálogo, suporá a reducción destas árbores monumentais e históricas

Fantastico blog y muy ecoactivo….como lo mio.
Son benvindos ao BioTerra.
Una aperta
Joao
Comment by Joao Soares — 10/02/ 2007 @ 1:42
Parabens.
Ben vindos ao meu Bioterra.
Una aperta
Comment by Joao Soares — 10/02/ 2007 @ 1:45