Verdegaia desaconsella a construción do Parque Empresarial de Leixa polo seu alto custe ambiental.
Ademáis de verse afectada a rede hidrográfica e varias masas arbóreas singulares como a Fraga da Pega, o proxecto poría en perigo a numerosas especies de animais legalmente protexidas. Asemade, cuestiona a necesidade do parque empresarial pola cantidade de solo industrial infrautilizado. Tamén considera que de levarse a cabo o proxecto nos seus actuais termos, contraviría a lexislación ambiental en vigor; por iso recomenda que se estude outro emprazamento alternativo de estar xustificada a súa necesidade.

