13/02/ 2007

Verdegaia demanda á Xunta que corrixa a súa política enerxética para loitar contra o cambio climático

A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE AÍNDA NON PRESENTOU O PLANO GALEGO DE REDUCIÓN DE EMISIÓNS DE GASES DE EFECTO INVERNADOIRO
 

A asociación ecoloxista Verdegaia demanda á Xunta que adapte a súa política enerxética á loita contra o cambio climático. Para iso, debe apostar con forza polo aforro e a eficiencia enerxética, deixar de apoiar as centrais térmicas de carbón e promover máis as enerxías renovables, especialmente nas súas aplicacións máis descentralizadas. Unha nova estratexia enerxética debería ser o eixo central do Plano de Redución de Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), que a Consellería de Medio Ambiente segue sen facer público a poucos días de que se cumpra un ano da entrada en vigor do Protocolo de Quioto.

(more…)

A FEG denunciará diante das instancias Europeas que o transvase do Eume deixará durante varios anos un Parque Natural mantido só co caudal ecolóxico e con efectos sobre a ría de Pontedeume.

CUALIFICA O PROXECTO DE RECUPERACIÓN DA MINA DAS PONTES COMA A “CIDADE DA CULTURALEVADA AO PLANO DA RESTAURACIÓN AMBIENTAL.

A Federación Ecoloxista Galega considera que detrás do plan de restauración do burato da mina das Pontes, a converter segundo a publicidade de Endesa nun idílico lago interior, se esconde unha importante tragadeira de cartos públicos de longo percorrido e, en boa medida, subtraídos de futuros fondos destinados á protección medio ambiental.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here