VERDEGAIA PROPÓN UNHA RECONVERSIÓN ECOLÓXICA DO TRANSPORTE
Segundo os datos para Galicia do Inventario de Emisións do Ministerio de Medio Ambiente (MMA), as emisións de gases causantes do cambio climático do transporte por estrada medraron o 96% entre 1990 –ano base do Protocolo de Quioto- e 2004. A estrada supón a maior parte das emisións do sector do transporte, responsable no seu conxunto do 23 % da contribución galega ao cambio climático. A asociación ecoloxista Verdegaia propón iniciar unha reconversión ecolóxica do transporte para axudar a respectar o Protocolo de Quioto e para diminuír os elevados custos ambientais, sociais e económicos asociados ao transporte.
(more…)