16/02/ 2007

28 organizacións piden á Comisión Europea que non de súa aprobación ao Plano Nacional de asignación 2008-2012

AS PRINCIPAIS ORGANIZACIÓNS GALEGAS O SECUNDAN
 
Coincidindo co segundo aniversario da entrada en vigor do Protocolo de Kioto 28 organizacións ecoloxistas e de cooperación ao desenvolvemento remitiu unha carta á Comisión Europea pedindo que non dea a súa aprobación ao Plan Nacional de Asignación de dereitos de emisión para o periodo 2008-2012 de España (PNA 2) sen esixir modificacións.

 

Segundo as organizacións asinantes o PNA2 implica un aumento do obxectivo de España acordado no reparto da carga compartido polos países membros da Unión Europea como parte das súas obrigacións no Protocolo de Kioto, fai un uso desproporcionado do Mecanismo de Desenvolvemento Limpo (MDL), xustifica a utilización de Fondos de Axuda ao Desenvolvemento para a acadar créditos procedentes do MDL, realiza unha sobreasignación de dereitos ao sector eléctrico que representa unha subvención a este sector e, ademais as regras de reparto incentivan a produción eléctrica con carbón.

España presentou o pasado mes de decembro o Plan Nacional de Asignación ante a Comisión Europea, e corresponde a esta Comisión valorar se a súa formulación é consecuente e coherente coa lexislación europea.

Desde o pasado 30 de xuño, data en que finalizaba o prazo para a presentación dos Plans Nacionais de Asignación ata agora, as organizacións ecologistas estiveron tratando de explicar e aportar ao Goberno español as posibles solucións para mellorar o PNA2 de maneira que España puidese cumprir co seu obxectivo, de acordo co reparto da carga, sen recorrer en exceso ao MDL, preservando a climático. Ningunha desas recomendaciones foi tomadas en consideración.

 

As organizacións que asinan esta petición son:

Greenpeace

WWF-Adena

Ecologistas en Acción

Amigos de la Tierra

SEO/BirdLife

Fundación IPADE Ecología y Desarrollo

Entrepueblos

Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación

Asociación Medioambiental La Cirigüeña

Plataforma Antitérmicas de la Pereda

Colectivo Ecologista de Avilés

Coordinadora Ecoloxista d’Asturies

Grupo Ecologista la Llavandera de Langreo

Grupu Ornitología Mavea de Avilés

Jovenes Verdes

Sociedade Galega de Historia Natural

Verdegaia

Arca

Zornotza Bizirik

Solidaridad Internacional

Grupo Ecoloxista Niño do Azor

Adega

Comité

Ciudadano de Emergencia para la Ría de Ferrol

Asociación Medioambiental Muñatoiz

Federación Ecoloxista Galega

CCAN de León

Fundacio Terra

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/02/16/28-organizacions-piden-a-comision-europea-que-non-de-sua-aprobacion-ao-plan-nacional-de-asignacion-2008-2012/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here