16/02/ 2007

O Comité provincial de caza de Ourense solicitará ao Comité Galego, que non se cace raposo no mes de febreiro o ano que ven.

A cara máis amarga da caza en Galicia

A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA puido saber que no comité de caza de Ourense solicitará ao Comité Galego de Caza que na próxima orde de Vedas 07-08, no se estenda a caza de raposo ao mes de febreiro, en calquera das súas modalidades, incluída as competicións. Esta cuestións foi aprobada pola maioría dos asistentes. De levarse adiante esta medida, a caza de raposo fora do período de caza menor, contemplaría so o mes de xaneiro, medida que aínda así consideramos insuficiente. A decisión do comité de caza de Ourense, en parte ven a dar a razón a reivindicacións e protestas do movemento ecoloxistas, sobre A Copa de España de raposo e outros eventos deportivos relacionados, no cal se expoñerán en perigo moitas femias que poidan estar en período de xestación, principal motivo polo que o Comité decide actuar de tal xeito. A práctica da caza no mes de febreiro, en tempadas pasadas deparou a triste resultado de moitos raposos e xabarís con fetos en avanzado estado de desenvolvemento.

A FEG insiste na necesidade de establecer un protocolo rigoroso na modalidade de caza relacionadas con calquera tipo de competición, entendendo que o aproveitamento cinexético tense que facer cumprindo escrupulosamente os requirimentos dos plans de caza que pide a lei de caza, e estas competicións deben estar supeditadas a estas memorias. Por este sentido as competicións deben de ter en conta os cupos de aproveitamento, e non coma se fai agora que veñen semellar un aproveitamento de “barra libre”

Igualmente, A FEG puido ter acceso á información na que se constata que as centro catro áreas nas que se vai a celebrar o campionato, inclúen superficies non autorizadas para a caza (amplas áreas de vedados e algún refuxio).

A FEG pide igualmente que a Consellería poña en práctica por primeira vez o establecido na recente reforma da Lei de caza, polo que pide que se faga os primeiros controis de alcoholemia a participantes deste campionato.

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/02/16/o-comite-provincial-de-caza-de-ourense-solicitara-ao-comite-galego-que-non-se-cace-raposo-no-mes-de-febreiro-o-ano-que-ven/trackback/

  1. A FEG solicita a Xunta que se fagan controis de alcoholemia aos participantes no Campionato de caza de raposo

    C+C: “A FEG pide igualmente que a Consellería poña en práctica por primeira vez o establecido na recente reforma da Lei de caza, polo que pide que se faga os primeiros controis de alcoholemia a participantes deste campionato.”

    Trackback by chuza.org — 16/02/ 2007 @ 16:41

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here