17/02/ 2007

O CES condena o campeonato Nacional de caza do raposo no Carballiño

O domingo 18 de febreiro de 2007, no Carballiño, vaise celebrar o IV Copa de España de Caza do Raposo. Ante esta “celebración” varios colectivos ecoloxistas e sociais englobados na Plataforma “Matar por matar NON” (na cal non está integrada o CES por non comprender a nosa área de actuación territorial pero na que si coincidimos e apoiamos nos seus obxectivos) declararon públicamente o seu rexeitamento con varias accións: concentración na praza maior de Carballiño o 4 de febreiro (á que asistiron centos de persoas), edición de carteis e pegatinas que se poden ver na maior parte dos establecementos públicos de Carballiño e comarca, manifestos, notas de prensa, debates en televisións locais e autonómicas… Esta campaña complementarase cunha acción de repulsa deste tipo de campionatos de caza o propio día da súa celebración que consistirá en que todos aqueles que queiran asistir teñen que presentarse diante do Concello de O Carballiño entre as 6 e as 13 h da mañan do día 18 e cubrir un impreso cos seus datos para comprometerse a participar de forma pacífica.


O CES quere apoiar esta loita contra este tipo de caza, ao igual que así o manifestou cando se celebrou a 1ª Copa de España de caza de raposo o 13 e 14 de febreiro de 2004, tendo como sé o Concello de Valga. Daquela o CES enviou varios escritos á administracións competentes, e lanzou unha campaña en contra da súa celebración. Tristemente, as argumentacións en contra do acto do 2004 téñense que voltar repetir no 2007:

 Que este tipo de celebracións parécenos de por si unha barbarie e incompatibles con calqueira programa de educación ambiental.

 Que non existe ningún estudio mínimamente científico sobre a poboación de raposos na comarca de Carballiño, nin do impacto ambiental producido por batidas destas características. Por isto non se podería dar unha autorización administrativa ao compionato baixo a escusa de correxir unha suposta superpoboación.

 Que estas batidas nos parecen unha agresión ó medio ambiente pola presencia no monte de centos de cazadores, así como un risco para a xente que se atope na zonas onde se realicen.

 Que o raposos cumpren unha importante función como depredadores, controlando as poboación de roedores e eliminando animais enfermos e transmisores de epizootias.

 Que é unha vergonza para Galicia cando a sociedade civilizada repudia e detesta cada vez con máis forza este tipo de competicións e mesmo se está a plantexar a súa supresión en países onde estas cacerías son unha tradición secular.

 

Informe do CES sobre a caza do raposo

 

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/02/17/307/trackback/

  1. decearia que la informacion se pudiera leer en mas idiomas ya que soy un ingeniero ambiental residente en colombia

    Comment by Alejandro Rodriguez — 21/03/ 2007 @ 16:54

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here