Actividade aberta mensual do mes de febreiro.
O CES ORGANIZA UNHA ACTIVIDADE DE AVISTAMENTO DE CETACEOS
O sábado 24 de febreiro, na capela da Lanzada, ás 11 da mañá, o Colectivo Ecoloxista do Salnés organiza a actividade aberta mensual correspondente a este mes: BALEA Á VISTA!. Nesta ocasión a actividade estará adicada aos mamíferos mariños (golfiños, baleas…) que se poden ver preto da nosas costas.
Para esta actividade terase a colaboración da CEMMA (Coordinadora de estudios de mamíferos mariños), da que forma parte o CES. Así a actividade estará guiada por unha socia da CEMMA e constará de dúas partes: unha primeira de explicación dos obxectivos perseguidos polo proxecto de Rede de Avistamentos Costeiros, proxecto que xa conta con máis de un ano de vida e na que dende diferentes puntos da costa galega, e seguindo unha metodoloxía común, procédese á observación do mar na busca de cetáceos e recopilándose datos desta observación. Na segunda parte farase unha demostración práctica desta metodoloxía de avistamento.
Esta actividade é aberta a todos os públicos e é de balde.
