Actividades de Educación Ambiental de ADEGA
As actividades realizaranse nos concello de Brión, Santiago de Compostela, Lugo, Rois ou Carballo
Nos últimos dias de febreiro e nos primeiros de marzo ADEGA vai desenvolver un intenso programa de actividades inscritas nos seus programas de Educación Ambiental. A finalidade das actividades é achegar aos cidadáns diversas problemáticas ambientais mediante diferentes metodoloxías.

A actividade pretende reivindicar os valores do monte fronte ás chamas Diversos centros educativos e entidades ecoloxistas celebrarán en diversas localidades do país, mañá, 27 de febreiro, unha plantación humana, seguida dunha plantación forestal, para reivindicar a importancia dos nosos montes e a súa protección logo dos devastadores efectos das chamas.