26/02/ 2007

@s Galeg@s Plántanse contra o lume

A actividade pretende reivindicar os valores do monte fronte ás chamas Diversos centros educativos e entidades ecoloxistas celebrarán en diversas localidades do país, mañá, 27 de febreiro, unha plantación humana, seguida dunha plantación forestal, para reivindicar a importancia dos nosos montes e a súa protección logo dos devastadores efectos das chamas.

 

Os incendios forestais convertéronse no principal problema ambiental de Galiza, causando ano tras ano importantes impactos sobre o medio, destrución de recursos socioeconómicos e inquietude social. Porén, a preocupación sobre os incendios dura en moitos casos o tempo que duran as chamas, e a falta de actuacións sobre as causas estructurais e coxunturais que queiman o noso futuro fai que cada ano se repitan as mesmas negras esceas.

Fronte a isto, Areanegra, a Federación Ecoloxista Galega (promotoras desta actividade) e os centros e asociacións participantes queren lembrar a importancia e os valores dos nosos montes, non só polo factor económico senón tamén pola súa biodiversidade, a súa beleza ou os nexos emocionais e culturais que nos ligan á natureza. Valores todos estes que cumpre protexer.

Esta actividade non é un feito isolado e puntual, pois ao longo de varios meses lévase a traballar nos centros sobre as causas e os efectos dos incendios forestais, porque os lumes non só un problema pasaxeiro do verán, senón que atenden a problemas máis fondos sobre a planificación forestal, o noso uso (ou esbaldamento) dos recursos e a nosa relación co medio. Centos de miles de hectáreas arderon nos últimos anos no noso país. Lembremos que segundo as cifras oficiais, no ano 2006 foron arrasadas perto de 94.000 Ha en Galicia, das cales 54.000 eran arboradas e unhas 40.000 de monte baixo. Dende o ano 1989 a media anual supera as 40.000 Ha queimadas.

Con esta actividade, s alumns e colectivos participantes queren aportar a súa parte do traballo para a protección e conservación dos nosos montes, e convidan a toda a cidadanía a que tamén aporten a súa parte para que un monte vivo e sen incendios sexa posíbel en Galiza.

Ver o Menifesto

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/02/26/s-galegs-plantanse-contra-o-lume/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here