27/02/ 2007

Proposta aos partidos políticos que concorren ás eleccións municipais de 2007 sobre política municipal e sostenibilidade.

Filed under: Xestión Ambiental

Dende a asociación ecoloxísta Verdegaia (Núcleo Comarcal de Ferrol, Eume e Ortegal) queremos presentarlle unha serie de consideracións e propostas cara ás vindeiras eleccións municipais para que vostede e a súa formación política as teñan en consideración á hora de redactar o seu programa electoral.

Dúas consideracións móvennos a dar este paso: por unha parte, queremos facer uso dun dereito e dunha ferramenta que consideramos fundamental para unha democracia madura e sana, a participación cidadá; por outra banda, intentar que os principios que defende a nosa asociación (baseados no ecoloxismo social) poidan verse reflectidos nos diferentes programas electorais que se presentarán aos ferroláns e ferrolás nos vindeiros meses.

Tentaremos que as medidas contidas neste documento sexan realistas e realizables dentro do marco de actuación dunha administración municipal, e non puros desexos máis ou menos utópicos; para iso dividiremos, na medida do posible, estas medidas en áreas relacionadas cos diferentes departamentos que existen actualmente no Concello de Ferrol.

Consideramos que as políticas ambientais non deben ser medidas puntuais aplicadas pola presión das asociacións ecoloxistas, senón que debe ser a clase política a que tome conciencia de que existe unha lexislación ambiental municipal, autonómica, estatal e europea que é de obrigado cumprimento tanto para a cidadanía como para as administracións públicas.

Recentes actuacións en materia de infraestruturas, tales como a instalación da Planta de REGANOSA dentro da ría, coa súa ameaza para a poboación, ou a construción do acceso ao mal chamado Porto Exterior destruíndo o emblemático Val de Doniños, poñen en evidencia que os cidadáns e as cidadás de Ferrol e a súa comarca aínda estamos lonxe de acadar un obxectivo necesario: facer comprender á nosa caste política que son eles e elas os máximos responsables da xestión do noso patrimonio ambiental e cultural e da súa conservación para as futuras xeracións de ferroláns e ferrolás.

Ver todo o documento

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/02/27/proposta-aos-partidos-politicos-que-concorren-as-eleccions-municipais-de-2007-sobre-politica-municipal-e-sostenibilidade/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here