29/03/ 2007

Verdegaia rexeita a instalación dunha piscifactoría en Costa Galloufa – Porto do Son

Denuncia a súa tramitación fora do Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega

 

Verdegaia ven de formular alegacións ao proxecto do establecemento e documentación complementaria para a tramitación da concesión de actividade, ao proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e ao estudo de impacto ambiental para a posta en funcionamento e explotación da granxa mariña de engorda de peixes planos na Costa Galloufa – Porto do Son (A Coruña)

(more…)

28/03/ 2007

Os “campionatos” de caza non son deporte: non máis subvencións públicas!

Filed under: Caza e Pesca

O colectivo cívico Matar por matar, NON! do que forma parte ADEGA, ven de remitir unha carta á conselleira de Cultura solicitándolle que non continúe a subvencionar os mal chamados "campionatos" de caza coa excusa de que é unha actividade deportiva máis. Estes "eventos" están nas antípodas do que representa o deporte como veículo educativo e de transmisión de valores cívicos (igualdade, solidariedade, respecto polo ambiente…) Competindo por ver quen mata máis seres vivos, que tipo de valores estamos a transmitir á nosa mocidade?

(more…)

27/03/ 2007

Autorízase o transporte e solta de 20 corzos procedentes de Francia para prácticas cinexéticas nunha finca de Aranga

Unha medida que atenta contra a conservación da biodiversidade

A Federación Ecoloxista Galega dirixiu hoxe un escrito á Consellería de Medio Ambiente para que dea explicacións sobre que criterios e quen foi o responsable da autorización administrativa para transportar e soltar nun peche cinexético ata 20 corzos procedentes de Francia.

(more…)

O Concello de Samos ordena a paralización dunha canteira no LIC Anacares-Courel

            Atendendo a unha denuncia que a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza presentara xa no pasado mes de Xaneiro ante o Concello, – e tamén ante Industria, ante a Dirección xeral de Conservación da Natureza e ante a Dirección Xeral de Urbanismo -, o Concello de Samos ven de anunciar a orde de paralización da canteira denunciada por carecer da preceptiva autorización urbanística (que otorga a Consellería de Política Territorial), da preceptiva autorización ambiental (que otorga a Dirección Xeral de conservación da Natureza) e da preceptiva licenza municipal (que corresponde otorgar ao Concello logo de comprobar que a actividade tén todas as demáis autorizacións).

(more…)

Actividades de educación ambiental de ADEGA

As actividades realizaranse nos concellos de Santiago de Compostela, Ponteareas ou Carballo

Nos últimos dias de marzo ADEGA vai desenvolver un intenso programa de actividades inscritas nos seus programas de Educación Ambiental. A finalidade das actividades é achegar aos cidadáns diversas problemáticas ambientais mediante diferentes metodoloxías.

 

(more…)

A utilización de bolsas de plástico contamina e pon en perigo especies protexidas

Filed under: Residuos, Contaminación

ADEGA ALERTA DOS PROBLEMAS AMBIENTAIS DAS BOLSAS DE PLÁSTICO

 ADEGA fai un chamamento á cidadanía para que se usen máis as bolsas de tela ou ben se solicite nos establecimentos comerciais a utilización de bolsas de papel, en vez das habituais bolsas de plástico xa que estas últimas son moi perxudiciais para o medio ambiente.

(more…)

25/03/ 2007

O C.E.S. celebrou a súa Asamblea anual na Casa da Cultura de Meaño.

Filed under: Convocatoria

O Colectivo Ecoloxista do Salnés celebrou a súa asemblea anual hoxe (domingo 25 de Marzo de 2007) en horario de mañá (de 12 a 14h) na casa da Cultura de Meaño, cedida para este acto polo Concello de Meaño.


(more…)

24/03/ 2007

Concurso Internacional de fotografía sobre Medio Ambiente

Filed under: Denuncia, Convocatoria

A “Asociación Pola Defensa da Ría” quere facer chegar á opinión pública en xeral, e dun xeito moi particular ás persoas interesadas pola fotografía, a información sobre o “Concurso Internacional de Fotografía sobre o Medio Ambiente” que ven de se convocar desde a cidade arxentina de Gualeguaychú como unha actividade máis da súa loita contra a instalación das fábricas de pasta de papel que ENCE e BOTNIA tentan ubicar no veciño Uruguai. O prazo de presentación de orixinais rematará o vindeiro 20 de abril.

(more…)

Valoración de Adega sobre a proposta para a declaración do Coto de Eira (Concello de Mondariz) como Espazo Natural de Interese Local

Filed under: Espazos Naturais

SON NECESARIAS MÁIS INICIATIVAS COMO ESTA PARA A PROTECCIÓN DE ESPAZOS NATURAIS NA GALIZA

 ADEGA aplaude esta iniciativa e demanda que outros concellos e entidades locais sigan este exemplo e contribúan a protexer o patrimonio natural galego.

(more…)

23/03/ 2007

ADEGA participa no I Encontro Ibérico de Educación Ambiental

Será os días 23-24-25  de marzo na cidade portuguesa de Coimbra

 

 A realización do I Encontro Ibérico de Educación Ambiental xurde da necesidade de dar a coñecer a realidade da Educación Ambiental (EA en diante) na península ibérica, tanto a nível local, nacional, transfronteirizo, como no ambito asociativo e empresarial.
(more…)

Nin un euro máis para o eucalipto!

Filed under: Montes e incendios

O recente Decreto 105/2006 polo que establecen determinadas medidas para a prevención dos lumes forestais supón un notábel intento por achegar racionalidade e aumentar a seguranza das explotación forestais, e deste xeito atallar algúns dos factores responsábeis dos incendios. No entanto, ADEGA quere chamar a atención sobre a contradicción que supón apostar por unha política forestal sustentábel e ao mesmo tempo, insinuar a posibilidade de axudas ao eucalipto (ver artigo 27.2.A). Subvencionando eucaliptos non se preveñen os lumes!

(more…)

O Colectivo Ecoloxista do Salnés convoca a súa Asemblea anual

Filed under: Convocatoria

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) convoca aos seus socios á súa asemblea anual. Celebrarase o domingo 25 de marzo, ás 12 da mañá na Casa de Cultura do concello de Meaño.

Nesta asemblea exporase:
·        A memoria de actividades do 2006. que se comentará a través dunha presentación multimedia.

Como é costume, o CES elaborou unha memoria impresa, para os socios.
·        O informe da contabilidade do colectivo.
·        O balance de socios.
·        Rogos e preguntas dos socios asistentes.

Dita asemblea desenvolverase só en horario de mañá, tendo prevista a súa finalización ás 13:30.
Ao remate invitarase aos asistentes a unha degustación de productos ecolóxicos.

22/03/ 2007

ADEGA e o Proxecto Ríos celebran o Día Mundial da Auga

Os ríos e a xestión da auga son as temáticas escollidas para traballar neste día

Neste día ADEGA e o Proxecto Ríos queren resaltar, como veñen facendo durante o resto do ano, a importancia da educación ambiental e da participación social como ferramenta fundamental para acadar a sustentabilidade. O Proxecto Ríos, ven a cubrir un baleiro existente na Galiza respecto a participación cidadá no ámbito fluvial, tal e como se recolle na Directiva Marco da Auga (DMA). Facemos nosas as posibilidades de participación que ofrece esta Directiva Marco, comprometéndonos a extender dinámicas participativas que permitan achegar á cidadanía unha Nova Cultura da Auga.

(more…)

20/03/ 2007

21 de marzo. Día forestal mundial: Por un monte diverso e sustentable

Filed under: Montes e incendios


No día no que se reivindica os valores dos bosque en todo o mundo, no que a superficie forestal está en clara regresión, non podemos esquecer os problemas dos bosques galegos, tamén en clara regresión fronte a terreos de produción forestal empobrecendo do produto forestal. Neste día a Federación Ecoloxista Galega reclama un golpe de temón na política forestal, a favor dunha produción diversificada e calidade.

(more…)

ADEGA invita a cidadania a celebrar o día forestal

Filed under: Montes e incendios

Dez ideas para celebrar o día da árbore (sen plantar unha árbore).

 

O día da árbore é xunto co do medio ambiente unha das celebracións máis arraigadas e extendidas nas actividades a favor do medio. O Día Forestal Mundial ou a Día Internacional das Árbores celabrada cada 21 de marzo coñecida como a “Festa da árbore” conta cunha fonda tradición e a súa orixe faría remontarnos ás primeiras décadas do século pasado. Estas celebracións tiñan unha forte compoñente didáctica, de feito muitas delas estaban promovidas por entidades pedagóxicas, cívicas ou concellos, coa intención de impulsar a protección e cuidado das árbores. As actividades realizadas ao redor da Festa eran moi variadas e aínda que actividades como plantacións e edicións de folletos alusivos á defensa dos bosques semellen algo moi de hoxe, o certo é que vai máis alá de cen anos a historia deste acontecemento que como outros moitos a guerra civil se encardou de borrar. En certa maneira nestes acontecemento está a orixe do ecoloxismo actual.

(more…)

19/03/ 2007

Entrevista | Celestino Quintela

Filed under: Prensa

Coma se fose unha benvida xornalística, A Voz de Galicia publica unha entrevista unha entrevista ao Coordenador Xeral da FEG, feita xa o mes pasado

Pulsando aquí, podedes ler a entrevista completa. O título non é moi agraciado por si solo (aproveitando que o periodista lee de vez en cando este blog), ainda que lendo toda a reportaxe explicase mellor.

17/03/ 2007

Verdegaia organiza un roteiro denuncia pola construcción dunha depuradora ilegal en Pazos de Borbén

A Asociación ecoloxista Verdegaia organiza un roteiro denuncia pola construcción dunha depuradora ilegal no Concello de Pazos de Borbén o vindeiro domingo, día 18 de marzo.

(more…)

16/03/ 2007

Verdegaia, a USC e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible poñen en marcha un programa de préstamo de bicicletas nos campus de Lugo e Santiago

Filed under: Transporte

Este programa diríxese a todos os membros da comunidade universitaria co obxectivo de fomentar o uso de medios de transporte alternativos ao coche, fornecendo unha ferramenta práctica para visualizar a viabilidade da bicicleta como modo de transporte, e estudar as particularidades do seu uso en Santiago e Lugo.

(more…)

Inauguración da exposición “ART NATURA, pola defensa da rede natura galega” promovida por ADEGA

Filed under: Contaminación

Inauguración da Exposición “Art Natura, Pola defensa da Rede Natura galega” Preto de 150 obras de pintura, escultura, fotografía e poesía conforman unha interesante visión da situación actual do medio natural galego vista dende a óptica dos creadores máis actuais do panorama artístico galego.

Local; Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela

Hora; 20:00 h.

Organiza; ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)

Produce; Concello de Santiago, Concellaría de Cultura

Colaboran; Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel e Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte.

15/03/ 2007

A “APDR” transmite os seus parabéns ao movemento veciñal de “OS PRACERES” polo seu recente trunfo xudicial.

Filed under: Xestión Ambiental

Diante da recente sentencia xudicial do Tribunal Supremo, que ven dar a razón ao movemento de oposición ao paso do tren ao porto de Marín pola praza dos Praceres, ao resolver que os pasos a nivel existentes na dita praza incumpren a legalidade vixente, a “Asociación Pola Defensa da Ría”, que desde o principio da loita mantivo unha posición contraria á proposta de trazado do tren pola praza e en defensa dos intereses veciñais, quere expresar o seguinte:

(more…)

Nova quenda de prantacións de ADEGA e o dispositivo do Voluntariado en Defensa do Monte no Barbanza

Filed under: Montes e incendios

Este sábado día 17 prantaremos preto de 1500 árbores de especies autóctonas nos montes da CVMMC de Santa Cruz de Lesón
 
Este vindeiro sábado día 17, ecoloxistas e voluntarios/as coordenados por monitores do programa “Vive en Defensa do Monte Galego” de Vicepresidencia, levarán a cabo a terceira fase da prantación que ADEGA, en colaboración coa CVMMC de Santa Cruz de Lesón (Pobra do Caramiñal) ten proxectado nos montes do Barbanza afectados polo lume.

(more…)

14/03/ 2007

Protección do lobo en época de celo

Recentemente varias Asociacións e o  propio Concello de As Pontes solicitaron autorización  a Consellería de Medio Ambiente para exterminar o lobo en plena época de celo no Concello de As Pontes, debido a supostos danos ocasionados pola especie. Guerrilleir@s das Fragas-FEG solicitoulle o departamento autonómico encargado de velar pola conservación das especies,  que non autorice estas batidas así como o establecemento de medidas extraordinaria de vixilancia na zona, para evitar atentados contra o lobo. Tamén aproveitouse a ocasión para  reclamar un sistema de compensación rápida e eficaz dos danos do lobo, sobre todo naqueles tristes casos onde os recursos económicos familiares dependen en gran medida do gando danado, cousa rara  nun pobo industrial como As Pontes onde a maioría dos  propietarios do gando son prexubilados de ENDESA con unha economía sustentada en gran medida por tódolos contribuíntes e non no gando.

(more…)

13/03/ 2007

Presentación do libro “O Tempo dos Ríos”

Este mércores 14 de marzo ás 20:00 h, no local nacional de ADEGA (Travesa dos Basquiños 9, baixo, Compostela) terá lugar a presentación do libro "O Tempo dos Ríos", coordenado por Francisco Javier Martinez Gil e Manuel Soto Castiñeira. Manolo Soto é profesor de Enxeñería Química da U. da Coruña e membro da Directiva de ADEGA da que foi presidente durante os anos 90. Martínez Gil, Catedrático de Hidroxeoloxía da U. de Zaragoza, está considerado como o pai da expresión "Nova Cultura da Auga" e autor do seu contido doutrinal.

 

(more…)

07/03/ 2007

Dos nuevos parques naturales en Ourense

Filed under: Espazos Naturais, Prensa

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, indica que la Consellería de Medio Ambiente prepara los trámites para la declaración de dos nuevos parques naturales en Pena Trevinca y en el Macizo Central. Mais información (more…)

ADEGA presenta un informe sobre os biocombustibles

Filed under: Enerxía

Neste informe avalíanse os problemas medioambientais e sociais  da súa producción e transformación

 


Os biocombustibles, bioetanol e biodiesel, teñen cada vez unha maior incidencia en Galiza e no mundo. A súa extensión nos últimos anos e moi destacable, de xeito que baixo unha pátina de “mellora ambiental” podemos observar que a súa implantación masiva agacha numerosos problemas ambientais.
(more…)

06/03/ 2007

Plano de acción contra os vertidos: unha pinga no océano?

O recente plano de acción contra os vertidos anunciado pola Consellería de Medio Ambiente ven dar resposta ás demandas da sociedade galega, que tivo que levar unha ILP ao parlamento para que se respectaran os nosos ríos. ADEGA quere felicitar á consellería e lembra que hai aínda moito traballo pendente: a parte do león son os vertidos urbanos a caño libre ou provintes de "depuradoras" ineficientes e obsoletas, que en non poucos casos teñen autorización de Augas de Galiza!

(more…)

05/03/ 2007

ADEGA e o dispositivo do Voluntariado en Defensa do Monte repoboan terreos no Barbanza

Nesta quenda, prantaranse preto de 1500 árbores de especies autóctonas nos montes da CVMMC de santa Cruz de Lesón.

Será o martes 6 e o sábado 10 de marzo Este vindeiro martes día 6, alunos e alunas de diversos colexios de Galiza, coordenados por monitores do programa “Vive en Defensa do Monte Galego” de Vicepresidencia, levarán a cabo a segunda fase da prantación que ADEGA, en colaboración coa CVMMC de Santa Cruz de Lesón, ten proxectado nos montes do barbanza afectados polo lume.

(more…)

02/03/ 2007

Grupos “mafiosos” boicotean a extracción de madeira queimada en Pontevedra

Filed under: Montes e incendios

Máquinas de tres empresas da madeira sufriron graves ataques nas últimas semanas en Cotobade. Os empresarios están a ser ameazados telefonicamente. Segundo puido saber Vieiros, as causas poden estar nos cambios introducidos nas poxas da madeira, que están a crear un profundo malestar en determinados sectores. Na orixe estarían as medidas impulsadas por Medio Rural logo da crise incendiaria do pasado verán. (more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here