ADEGA presenta un informe sobre os biocombustibles
Neste informe ADEGA trata de poñer enriba da mesa pros e contras tratando de establecer algunhas conclusións claras. A análise detallada do problemanos revela a súa complicación. Introducción de plantas transxénicas, deforestación, aumento da fronteira agrícola… son provocados polos biocombustibles, pero ao mesmo tempo tamén: fonte de enerxía renovable, reducción da dependencia enerxética, beneficio económico e social… A prevalencia dos efectos positivos e negativos depende da súa aplicación en gran medida. Sen embargo se os cidadáns e os governos non son conscientes dos seus problemas ambientais os promotores económicos dos proxectos só tenden a considerar o beneficio económico das súas empresas e nesta tendencia constatamos gravísimos problemas medioambientais ocasionados polos biocombustibles.
Este informe está dispoñible na páxina web de ADEGA, recolle abundante información complementaria que permite aos lectores contrastar a información exposta. ADEGA considera este informe como INFORME CERO, é dicir, que serán recollidas novas informacións e será sometido a un debate en profundidade para poder ter unha visión completa dunha temática que ten incidencias negativas e positivas, pero non neutras
Os biocombustibles inflúen e seguramente influirán cada vez máis no medioambiente xa que é probable que continúen expandíndose, ADEGA quere amosar a súa enorme preocupación sobre este tema e informar aos cidadáns galegos e galegas.
