Presentación do libro “O Tempo dos Ríos”
Este mércores 14 de marzo ás 20:00 h, no local nacional de ADEGA (Travesa dos Basquiños 9, baixo, Compostela) terá lugar a presentación do libro "O Tempo dos Ríos", coordenado por Francisco Javier Martinez Gil e Manuel Soto Castiñeira. Manolo Soto é profesor de Enxeñería Química da U. da Coruña e membro da Directiva de ADEGA da que foi presidente durante os anos 90. Martínez Gil, Catedrático de Hidroxeoloxía da U. de Zaragoza, está considerado como o pai da expresión "Nova Cultura da Auga" e autor do seu contido doutrinal.
O libro inclúe artigos de máis dunha vintena de expertos/as pertencentes tanto ao mundo científico (seis universidades de Galiza, Estado español e Portugal e varios centros profesionais) como ao movemento ecoloxista e aos colectivos cidadáns afectados pola políticas hidrolóxicas dos últimos anos. Inclúe un prólogo do galego Javier Castroviejo, quen foi director da Estación Biolóxica de Doñana e presidente do Comité Español do Programa Home e Biosfera. O libro estrutúrase en catro partes, que tratan os seguintes ámetos: O conflito social, ambiental e cultural da auga hoxe, A calidade das augas subterráneas, fluviais e costeiras de Galiza, A planificación hidrolóxica na Galiza, e A problemática ambiental e social en diversos ríos e a sobreexplotación hidroeléctrica.
PROGRAMA DE PRESENTACIÓNS
SANTIAGO DE COMPOSTELA Mércores 14 de marzo de 2007
Organiza: ADEGA
11:00 h: Rolda de prensa, no Clube Internacional de Prensa
Participan: Javier Martínez Gil e Manuel Soto Castiñeira, Coordinadores e co-autores do libro
20:00 h, no local nacional de ADEGA e o Proxecto Ríos Charla-coloquio sobre “O TEMPO DOS RÍOS” e o desenvolvemento da Lei 5/2006 para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos.
Participan: Javier Martínez Gil, Coordinador e co-autor do libro
Manuel Soto Castiñeira, Coordinador e co-autor do libro
Xan Louzao, autor do libro e membro da Comisión Promotora da Proposición de Lei de Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos
Un representante da Consellaría de Medio Ambiente (convidado, por confirmar)
Presenta: Virxinia Rodríguez, coordenadora do Proxecto Ríos e Vicepresidenta de ADEGA.
CALDAS DE REIS Mércores 14 de marzo de 2007
16:00 a 18 h: Visita ao encoro do Umia e acto público en Caldas de Reis (rolda de prensa e conversa con membros da Coordenadora Anti-encoro)
Participan:
Javier Martínez Gil, Coordinador e co-autor do libro
Manuel Soto Castiñeira, Coordinador e co-autor do libro
Paloma Fernández, autora do libro Organiza: Coordinadora Anti-encoro de Caldas, Cuntis e Moraña
A CORUÑA Xoves 15 de marzo 2007
Organiza: Universidade da Coruña e CEIDA
11-12 h: Rolda de prensa na UDC (A Coruña) Visita ao Campus Universitario en Elviña-A Zapateira
19:00 h: Presentación de “O TEMPO DOS RÍOS” no CEIDA (Oleiros) Javier Martínez Gil e Manuel Soto Castiñeira, Coordenadores e co-autores do libro
19:30 h: CONFERENCIA no CEIDA (Oleiros) El sistema educativo y la Nueva Cultura del Agua Javier Martínez Gil, Catedrático de Hidroxeoloxía na universidade de Zaragoza foi membro fundador e primeiro vicepresidente da Fundación Nueva Cultura del Agua
