A “APDR” transmite os seus parabéns ao movemento veciñal de “OS PRACERES” polo seu recente trunfo xudicial.
Diante da recente sentencia xudicial do Tribunal Supremo, que ven dar a razón ao movemento de oposición ao paso do tren ao porto de Marín pola praza dos Praceres, ao resolver que os pasos a nivel existentes na dita praza incumpren a legalidade vixente, a “Asociación Pola Defensa da Ría”, que desde o principio da loita mantivo unha posición contraria á proposta de trazado do tren pola praza e en defensa dos intereses veciñais, quere expresar o seguinte:
1º.- transmitir os nosos parabéns ao movemento veciñal dos Praceres polo seu trunfo xudicial, un trunfo da loita veciñal que debe seguir animando a todas as persoas que loitan pola defensa dos dereitos colectivos.
2º.- esixir ao tempo que a sentencia sexa executada.