16/03/ 2007

Verdegaia, a USC e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible poñen en marcha un programa de préstamo de bicicletas nos campus de Lugo e Santiago

Filed under: Transporte

Este programa diríxese a todos os membros da comunidade universitaria co obxectivo de fomentar o uso de medios de transporte alternativos ao coche, fornecendo unha ferramenta práctica para visualizar a viabilidade da bicicleta como modo de transporte, e estudar as particularidades do seu uso en Santiago e Lugo.

O transporte, do que o consumo enerxético unha das súas facianas principais, é unha das causas fundamentais da actual crise ecolóxica. A súa integración cotiá na nosa vida fai que esquezamos ou descoñezamos os profundos efectos destrutivos tanto locais como globais que provoca nas súas actuais dimensións e características. Os seus efectos non son só ambientais (efecto invernadoiro, contaminación acústica, atmosférica e do chan) senón tamén sociais (accidentes, exclusión social, illamento, expropiacións, despoboamento) e mesmo culturais.

Nos últimos 30 anos estamos a asistir a unha explosión da demanda de transporte desmesurada. No período entre 1998 e 2003, a intensidade media de vehículos lixeiros nas estradas e cidades galegas medrou un 50,3% e un 49.2% o tráfico pesado. O desbaldimento de recursos materiais e enerxéticos e a contaminación xerada que reflicten estas cifras están a conformar unha situación ambiental grave.

Os Campus universitarios da Universidade de Santiago de Compostela sofren tamén un incremento exponencial do tráfico e do espacio adicado a estacionamento.

O inicio da solución dos problemas inherentes ao transporte e a mobilidade pasa, dende unha óptica ecolóxica e de sustentabilidade, en primeiro lugar por ser conscientes de que movernos incide no ambiente, incide no noso entorno social e incide noutros países e colectivos dos que parten as materias primas para manter o actual sistema de transporte. Cómpre escoller o medio máis axeitado en cada momento tendo en conta todos os factores e favorecendo o menor impacto. Nesta nova cultura da mobilidade, a bicicleta está chamada a ter un papel central e as tres entidades apostan polo seu uso cotián.

Os Obxectivos do Programa Piloto de Empréstito de Bicicletas desenvolvido por Verdegaia, a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC e Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible son:

* Fornecer de exemplos prácticos a usuarios/as doutros medios de transporte onde visibilizar a viabilidade da bicicleta como ferramenta de transporte.

* Estudar a posibilidade de establecer un servizo permanente de cesión de bicicletas e avaliar as posíbeis eivas con vistas a elaborar un programa máis amplo.

* Valorar a reacción do colectivo universitario e o interese xerado pola iniciativa.

* Estudar as particularidades do uso da bicicleta no entorno dos dous campus e da cidade de Santiago.

O programa desenvolverase dende o 10 de abril ate o 29 de xuño e fundaméntase no préstamo de bicicletas aos membros da comunidade universitaria que se acollan ao programa e se comprometan a empregala habitualmente nos seus desprazamentos cotiáns. Durante este periodo, recibirán clases de mecánica básica e condución urbana da bicicleta e analizarán as posibilidades da bicicleta como modo de transporte

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/03/16/verdegaia-a-usc-e-a-direccion-xeral-de-desenvolvemento-sostible-ponen-en-marcha-un-programa-de-prestamo-de-bicicletas-nos-campus-de-lugo-e-santiago/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here