21 de marzo. Día forestal mundial: Por un monte diverso e sustentable

No día no que se reivindica os valores dos bosque en todo o mundo, no que a superficie forestal está en clara regresión, non podemos esquecer os problemas dos bosques galegos, tamén en clara regresión fronte a terreos de produción forestal empobrecendo do produto forestal. Neste día a Federación Ecoloxista Galega reclama un golpe de temón na política forestal, a favor dunha produción diversificada e calidade.
Un novo plan forestal: O que temos é o nefasto de 1992, percibimos que non se ten intención cambialo. un plan que se dirixa claramente por un monte de calidade, que favoreza a diversidade forestal, sen favorecer ás especies de crecemento rápido. Un plan forestal que favoreza a mellora da produción das especies autóctonas (falar de especies autóctonas e non de especies frondosas como se fala ata o de agora de forma confusa ou frondosas caducifolias deixando fora coma o teixo, érbedos, acevos, aciñeira ou a sobreira), e deixar de investigar a mellora produtiva das especies de baixa calidade.
O eucalipto: Observamos que non hai un compromiso claro en na planificació
n e o control deste cultivo. Non se esta a aplicar o Decreto 81/89, que regula as plantacións desta especie. Non se está a esixir Estudos de impacto ambiental das novas plantacións, non se está a esixir os plans de recuperacións das plantacións de eucalipto abandonadas. Proba do esquecemento desta normativa, e o carpetazo dos expedientes abertos a unha filial de ENCE (anunciados profusamente en decembro do 2006), que non foron explicado o seu arquivamento.
A FEG solicita que de ningunha forma (a plantación, mantemento ou para a xestión) se financie a través de axudas, subvencións ou convenios esta especie, pois consideramos que é unha especie que se pode financiar por si sola, e se destinen á promoción de plantacións de especies autóctonas. Entendemos que despois da vaga de lumes do ano pasado, desanimou ao sector polo que a tendencia será a plantación desta especie por entender que son cultivos de baixo mantemento e renden igual se non se fai nada.
Os Lumes: E o gran problema dos nosos montes. Nestes días
estase a debater no Parlamento a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza que poderá ser un bo instrumento de loita contra o lume, pero non de prevención. Segundo a Lei o mato é o principal responsable dos lumes e é este o que provoca os lumes e os lumes, na maioría dos casos, somos nós os seres humanos que por razóns varias, os provocamos e son poucos os esforzos da nova Lei para a concienciación e a formación dos máis achegados ao monte. Elimináronse os puntos máis valentes coma o canon de extinción para aqueles montes non manexados.
Esta nova Lei esquécese de compaxinar a produción do monte co resto das funcións do monte é sobre todo, coa función da conservación da nosa diversidade biolóxica, pois non se ten en conta á hora da súa aplicación, a lexislación de conservación da natureza (agás á hora de novas infraestructuras) coma está a acontecer coas concentracións parcelarias. A FEG aposta por empezar a traballar coa figura do MONTE PROTECTOR, coma figura de protección da nosa diversidade biolóxica, coma protector dos nosos recursos naturais (o solo e a auga) e coma ferramenta de xestión. Neste sentido a FEG solicita coordinación entre a Consellería de Medio Rural, Medio Ambiente e augas de Galicia (competentes nesta materia polas distintas lexislacións) a día de hoxe inexistente.
A Federación Ecoloxista Galega solicita á Consellería de Medio Rural un cambio de rumbo na política forestal, que pouco mudou con respecto a outras lexislaturas, e unhas directrices claras dende a Dirección Xeral de montes dende un punto de vista do interese Xeral, e non tan influenciado pola industria, coma esta a ser ata o de agora.
