ADEGA participa no I Encontro Ibérico de Educación Ambiental
Será os días 23-24-25 de marzo na cidade portuguesa de Coimbra
A realización do I Encontro Ibérico de Educación Ambiental xurde da necesidade de dar a coñecer a realidade da Educación Ambiental (EA en diante) na península ibérica, tanto a nível local, nacional, transfronteirizo, como no ambito asociativo e empresarial.
A Educación Ambiental ten sido para a Quercus, entidade organizadora e un dos máis importantes grupos ecoloxistas portugueses, un instrumento de traballo emerxente da sua actividade natural, apresentandose ambas, portanto, umbilicalmente ligadas. Un dos obxectivos centrais da Quercus ao igual que de ADEGA é a conservación da Natureza, sendo a Educación Ambiental fundamental para a defensa do ambiente, contribuindo a inverter as tendencias de desordeamento do territorio e a destrución da riqueza natural.
Os obxectivos deste Iº EIEA son coñecer a realidade da EA na península, intercambiar experiencias, ideas e propostas de actuación, crear ligazóns para o intercambio, reunir a todos os intervenientes na EA e fomentar a continuidade deste evento. Este foro vai dirixido a asociacións, formadores, docentes, alunos, empresas, concellos e para todos os interesados/as na Educación Ambiental.
A Educación Ambiental ten sido para a Quercus, entidade organizadora e un dos máis importantes grupos ecoloxistas portugueses, un instrumento de traballo emerxente da sua actividade natural, apresentandose ambas, portanto, umbilicalmente ligadas. Un dos obxectivos centrais da Quercus ao igual que de ADEGA é a conservación da Natureza, sendo a Educación Ambiental fundamental para a defensa do ambiente, contribuindo a inverter as tendencias de desordeamento do territorio e a destrución da riqueza natural.Os obxectivos deste Iº EIEA son coñecer a realidade da EA na península, intercambiar experiencias, ideas e propostas de actuación, crear ligazóns para o intercambio, reunir a todos os intervenientes na EA e fomentar a continuidade deste evento. Este foro vai dirixido a asociacións, formadores, docentes, alunos, empresas, concellos e para todos os interesados/as na Educación Ambiental.
O Encontro será presentado no día de hoxe, entre outras personalidades, pola Ministra do Medio do Ambiente do Governo Español, Cristina Narbona, e contará con destacados/as expertos no eido da EA de Portugal, Galiza e o estado español.
ADEGA participará nunha mesa que abordará a importancia e o papel estratéxico da Educación Ambiental no desenvolvemento rural, especialmente no referido aos seus programas de compostaxe caseira, depuración por humidal, etc.
O domingo a mañá realizarase a actividade “Educación Ambiental á solta en Coimbra”, que ten por obxectivo a realización de diversos talleres de educación ambiental por varias entidades entre as que estará ADEGA
