27/03/ 2007

A utilización de bolsas de plástico contamina e pon en perigo especies protexidas

Filed under: Residuos, Contaminación

ADEGA ALERTA DOS PROBLEMAS AMBIENTAIS DAS BOLSAS DE PLÁSTICO

 ADEGA fai un chamamento á cidadanía para que se usen máis as bolsas de tela ou ben se solicite nos establecimentos comerciais a utilización de bolsas de papel, en vez das habituais bolsas de plástico xa que estas últimas son moi perxudiciais para o medio ambiente.


O feito de que a cidade de San Francisco (California-USA) estea estudando a posibilidade de prohibir a utilización de bolsas de plástico na realización de compras é valorado por ADEGA de xeito moi positivo.

Na Unión Europea, Irlanda é  o país pioneiro no establecemento dunha taxa que grava con 0,15 € as bolsas de plástico e que conseguiu, co apoio cidadán, a reducción destes productos nun 90%

As bolsas de plástico son un arma de destrucción masiva para as tartarugas mariñas, baleas e focas que as confunden con medusas e provocan despois da súa inxesta a morte destes animais colapsando o seu sistema dixestivo. Tamén provocan efectos negativos noutras especies terrestres e máis nas infraestructuras públicas.

Outros paises teñen establecido medidas para limitar o uso das bolsas de plástico, isto é debido principalmente a que non son biodegradables. A parte dos problemas que presentan para as especies animais tamén son destacables os que teñen producido nas infraestructuras públicas de saneamento de auga.

Nestes momentos existen varios tipos de bolsas de plástico biodegradable, incluso procedente do millo en vez do petróleo e tamén bolsas de papel que tamén son producidas pola contaminante industria papeleira. Se ben estas iniciativas poden axudar a paliar os efectos negativos que producen as bolsas de plástico non biodegradable a mellor forma de realizar a compra é a bolsa de tela. A bolsa de tela pódese reutilizar cantas veces se queira

ADEGA propón que en Galiza se estableza unha taxa similar á irlandesa para desincentivar o uso das bolsas de plástico non biodegradable e, polo tanto, fomentar o uso doutros productos menos nocivos para o medio ambiente.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/03/27/a-utilizacion-de-bolsas-de-plastico-contamina-e-pon-en-perigo-especies-protexidas/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here