Actividades de educación ambiental de ADEGA
As actividades realizaranse nos concellos de Santiago de Compostela, Ponteareas ou Carballo
Nos últimos dias de marzo ADEGA vai desenvolver un intenso programa de actividades inscritas nos seus programas de Educación Ambiental. A finalidade das actividades é achegar aos cidadáns diversas problemáticas ambientais mediante diferentes metodoloxías.
Residuos, incendios forestais, compostaxe doméstica, hortos escolares ou saídas a espazos naturais como Razo-Baldaio ou o monte O Pedroso serán algunhas das temáticas a traballar mediante charlas, obradoiros ou saídas.
Martes, 27 de marzo CEIP Lamas de Abade Santiago de Compostela.
Temática: Residuos. Obradoiros de papel reciclado cos nenos/as de educación primaria.
Martes, 27 de marzo IES A Granxa Ponteareas.
Temática: Auga. Saída formativa do Proxecto Ríos.
Martes 27 de marzo Colexio Raiola Santiago de Compostela.
Temática: Agroecoloxía. Horto escolar con alumnos/as de educación infantil.
Martes 27 de marzo Colexio Colexiata de Sar Santiago de Compostela.
Temática: Agroecoloxía. Horto escolar con alumnos/as de educación primaria.
Mércores, 28 de marzo. IES Xelmirez I. Santiago de Compostela.
Temática: Auga e residuos. Visita á E.D.A.R da Silvouta con alumnos/as de 1º da E.S.O.
Mércores, 28 de marzo. CRA Ponte da Pedra Carballo.
Temática: Residuos. Obradoiro de xoguetes con materiais de refugallo con nenos/as de educación infantil.
Xoves, 29 de marzo. CEIP López Ferreiro Santiago de Compostela.
Temática: Consumo responsábel. Charla e actividades lúdicas sobrecosumo moderado con nenos/as do 1º ciclo de primaria.
Xoves 29 de marzo.CEIP Raíña Fabiola Santiago de Compostela.
Temática: Agroecoloxía. Horto escolar con alumnos/as de educación infantil e primaria.
Xoves 29 de marzo.CEIP Pío XII Santiago de Compostela.
Temática: Agroecoloxía. Horto escolar con alumnos/as de educación primaria.
Xoves 29 de marzo.Concello de Santiago de Compostela.
Temática: celebración do Día da Árbore con diferentes centros educativos de Santiago de Compostela.
Venres 30 de marzo: CEIP Nétoma-Razo. Carballo.
Temática: Biodiversidade. Saída polo Espazo Razo-Baldaio con alumnos/as do 3º ciclo de primaria.
Venres 30 de marzo: CEIP Juventud Santiago de Compostela.
Temática: Incedios forestais: Saída a Pedroso con alumnos/as de 3º ciclo de primaria.
