27/03/ 2007

O Concello de Samos ordena a paralización dunha canteira no LIC Anacares-Courel

            Atendendo a unha denuncia que a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza presentara xa no pasado mes de Xaneiro ante o Concello, – e tamén ante Industria, ante a Dirección xeral de Conservación da Natureza e ante a Dirección Xeral de Urbanismo -, o Concello de Samos ven de anunciar a orde de paralización da canteira denunciada por carecer da preceptiva autorización urbanística (que otorga a Consellería de Política Territorial), da preceptiva autorización ambiental (que otorga a Dirección Xeral de conservación da Natureza) e da preceptiva licenza municipal (que corresponde otorgar ao Concello logo de comprobar que a actividade tén todas as demáis autorizacións).


   Dende ADEGA alegrámonos de que as distintas administracións implicadas, empezando polo Concello, empecen a tomar conciencia de que a lexislación de protección ambiental é tamén para ser aplicada e de que, ademáis, – como temos reclamado tantas veces -, tén que ser aplicada a todos e a todas por igual. Neste sentido, alegrámonos desta decisión municipal e, ao mesmo tempo, solicitamos unha maior coordinación entre as distintas institucións implicadas na autorización desta actividade mineira para, precisamente, impedir dende o principio a actividade mentras non conte con tods as autorizacións e, así, non ter que chegar a unha decisión de paralización coma esta.

   Recordamos que nesta canteira se tén producido o deslizamento dunha das súas escombreiras arrasando, ao longo duns tres quilómetros de río, con toda a vexetación de ribeira e toda a vida do río amáis dun importante patrimonio etnográfico composto por un mazo, cinco muiños, oito presas e varias pontes e pontellas sobre o río. A este respecto, os veciños afectados xa teñen presentada a correspondente reclamación xudicial por danos e, outro tanto, reclamamos que proceda a facer a Dirección Xeral de Conservación da Natureza en relación aos danos ambientais obrigando á empresa á recuperación ambiental da zona afectada, tal e como ven exixido pola Del 9/2001, de conservación da Natureza.

   Para acabar, esperamos que esta paralización teña tamén a súa continuación na paralización doutras canteiras e concesións no mesmo espazo protexido de ANCARES-COUREL, paralizacións que tamén é obrigado ordenar con urxencia: o caso de a Canteira de A Campa, no Courel, cunha sentencia xudicial ordenando a súa paralización, non debera de esperar máis tempo. Neste caso do Courel, terá que ser, en todo caso, responsabilidade da Empresa, do Concello do Courel e da Administración Autonómica buscar unha saída para os traballadores que podan resultar afectados.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/03/27/o-concello-de-samos-ordena-a-paralizacion-dunha-canteira-no-lic-ancares-courel/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here