ADEGA comeza dous novos programas de compostaxe caseira nos concellos de Santiago de Compostela e Mos
O de Compostela é o cuarto programa e instalaranse 50 composteiros. O de Mos é o terceiro e contará con 75 domicilios participantes.
Neste mes de abril comezan dous novos Programas de Compostaxe Caseira nos Concellos de Santiago de Compostela e Mos.(more…)
23/04/ 2007
Verdegaia propón un novo modelo eólico para a sustentabilidade
(more…)
22/04/ 2007
Bicifestación: “Contra o Cambio Climático, Menos CO2”
O próximo 22 de abril celebrarase o Día da Terra e con este motivo, as 5 principais organizacións ecoloxistas de Galiza ADEGA, Amigos da Terra, FEG, SGHN e Verdegaia propoñen que a meirande número de persoas leven este día un lazo verde co propósito de sensibilizar a todas e todos as cidadás e cidadáns que a problemática do cambio climático está a ser producida maioritariamente pola actividade humana.
20/04/ 2007
Os residuos da limpeza do rio bouzós (Cangas)
Os residuos de poda e desbroce, que se ven mesturados con todo tipo de plásticos, caixas, chatarras, pezas de tubería, etc., despóis de rematada a limpeza por brigadas contratadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, permanecen depositados en varias pillas á beira do río Bouzós, dentro dos 5 metros de servidume, nunha zona de difícil acceso entre cultivos, muíños e bosque de ribeira que percorre o lugar de Reboredo na parroquia canguesa de Coiro.
(more…)
Problemas para a megapiscifactoría de Pescanova en Portugal
“Irregularidades” no Estudo de Impacto Ambiental poñen o proxecto na picota.
(more…)
19/04/ 2007
Atentado ecolóxico no río da fraga (Moaña)
Operarios e máquinas da empresa Braña SCL, contratada pola Consellería de Medio Ambiente e supostamente autorizadas polo Ente competente na materia, Augas de Galicia, tamén dependente da C. de Medio Ambiente, no que en principio era unha limpeza tralas últimas riadas provocaron ó final un verdadeiro atentado ecolóxico no entorno do río da Fraga, no Concello de Moaña, danando irreversiblemente o leito e as marxes, a biodiversidade, o patrimonio etnográfico e inclusive a súa morfoloxía.
18/04/ 2007
Caso EXLABESA: penas de cárcere por contaminar o Sar
A fiscalía ven de solicitar 6 anos de prisión para os directivos de EXLABESA, empresa denunciada por ADEGA en 2004 por vertidos continuados de metais pesados ao río Sar. ADEGA saúda esta iniciativa, que supón un novo chanzo na loita contra a contaminación dos nosos ríos. Os atentados continuados contra o ambiente e a saúde pública non poden quedar impunes, e os responsábeis deberán facer fronte ás responsabilidades civís e penais que se deriven da súa conduta insolidaria. Esta caso debería servir de exemplo e disuasión para aquelas empresas que non cumpren os seus deberes ambientais.
(more…)
17/04/ 2007
Demarcación de Costas: unha de cemento e outra de area
Recentemente denunciamos en Valdoviño un edificio no dominio público promovido pola Demarcación de Costas. E outro ano máis voltamos a denunciar a degradación das dunas da Corna, o campo dunar millor conservado do N da Ría de Arousa. Coches, motos e quads campan sen control. Cada verán instálanse postes de luz, chiringuitos e aparcadoiros sobre as dunas. Xunto a este aparente desleixo, o Ministerio segue coa súa acertada política de merca de terreos no litoral. ADEGA pide máis coerencia e decisión á Demarcación de Costas en Galiza para frear o deterioro do litoral.16/04/ 2007
67 raposos vivos

Campaña de devolución ao monte dos 67 raposos, matados na IV copa nacional da caza do raposo celebrado no Carballiño en febreiro deste ano.
En colaboración con 12 persoas maiores da Residencia Nosa Sra. das Dores de Lalín, Voluntarios do Deza e Sobreira.
Captación ilegal do Concello do Covelo
(more…)
13/04/ 2007
A Lousa, As Encrobas: a loita polo dereito á terra, á saúde e a un ambiente sán continúa logo de 30 anos
(more…)
12/04/ 2007
Iberdrola quere furar o Canón do Sil para facer unha central eléctrica
(more…)
11/04/ 2007
ADEGA presenta o Proxecto Ríos no Barco de Valdeorras
O mércores 11 presentarase o Proxecto Ríos as 18:00 horas no Salón de Actos do Concello. A finalidade desta presentación é dar a coñecer o Proxecto Ríos nos núcleos sostibles nos que está o concello do Barco de Valdeorras. Na charla explicaranse a evolución do Proxecto Ríos, os seus obxectivos, grupos participantes, así como os pasos a seguir para poder participar como voluntario/a no proxecto,
O xoves 12 realizarase como continuación desta actividade, unha saída formativa co centro de ensino CEIP Julio Barriadán. A inspección realizarase no río Sil con dous cursos de 5º de primaria.
As saídas formativas consisten na realización de roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a o grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios poda logo desenvolver o programa autonomamente.
10/04/ 2007
Agresión á biodiversidade na limpeza dos rios no morrazo
(more…)
Verdegaia demanda axilidade na adquisición das zonas ambientalmente sensíbeis de Covas (Ferrol) afectadas pola concentración parcelaria.
(more…)
08/04/ 2007
Á “APDR” preocúpalle a falta de decisión do goberno galego no tema “ENCE”
Verdegaia e Ecologistas en Acción promoven a exposición “Freemos o cambio climático”
A asociación ecoloxista galega Verdegaia e a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción promoven en Galicia a exposición itinerante “Freemos o cambio climático”. Esta exposición explica que é o cambio climático, as súas causas, os seus efectos a nivel mundial e na Península Ibérica e as súas solucións. A exposición, que consta de 14 paneis, ponse a disposición de asociacións, centros de ensino e institucións de toda Galicia.
(more…)07/04/ 2007
A “APDR” alerta sobre a venda do patrimonio natural galego
A pretensión de “Caixa Galicia” de mercar a illa de Sálvora, pon en alerta á “Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra, que entende que esta operación vai contra o interese xeral da cidadanía galega e do patrimonio medioambiental galego.
(more…)SOS abellas: proibición dos pesticidas neurotóxicos xa!
Ante a profusión de noticias contradictorias aparecidas recentemente nos medios a respeito da desaparición das abellas en Galiza e noutras partes do planeta, ADEGA e AGA (Asociación Galega de Apicultura) témolo claro: os pesticidas sistémicos neurotóxicos son os principais responsábeis, como o demostran os estudos realizados en Franza xa dende 1995. De continuar co seu uso, estamos as portas dunha crise ambiental de incalculábeis consecuencias para a vida no planeta. Xa o dixo Albert Einstein: “Sen abellas non habería alimentación para o home, as abellas son a base da vida na terra”.
(more…)
04/04/ 2007
A Federación Ecoloxista Galega, ven de celebrar a súa Asemblea anual en Neda
A POLÍTICA FORESTAL E DE RESÍDUOS, FORON OS TEMAS TRATADOS POLAS MESAS DE TRABALLO.
Nesta fin de semana, A Federación Ecoloxista Galega celebrou a súa Asemblea anual, nesta ocasión celebrada en Neda e organizada pola Asociación Neboa. Ademais da presentación e aprobación dos informes anuais e decisións de orde interno, analizouse a situacións actual do Medio Ambiente en Galiza, e concretamente a política forestal e de residuos, debatidas en sendas mesas de traballos. Pasamos a informar das conclusións da mesa de política forestal.
(more…)
03/04/ 2007
O transporte marítimo en situación de perigo na ría de Vigo
Luita Verde reproba a subida de 10 céntimos das tarifas do servicio de transporte marítimo na ría de Vigo por parte da empresa Mar de Ons, pero tamén culpabiliza á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte por autorizala, que tamén é extensible ós concellos de Moaña e Cangas pola súa torpeza e feble implicación .
(more…)
02/04/ 2007
Medidas urxentes para a protección das Gándaras de Budiño e ribeiras do Louro
As Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro é unha das áreas protexidas máis ameazadas da Galiza. A súa inclusión na Rede Natura a finais dos anos noventa non conseguiu deter o proceso de degradación que comezou hai máis de corenta anos. Continúan impunemente os vertidos industriais, os aterros, a destrución de hábitats de interese europeo, as talas ilegais, os movementos de terra en Solos Protexidos, a eliminación de especies de flora e fauna, a proliferación de vertedoiros de lixo, a introdución de especies alóctonas, etc.
(more…)
Posicionamento oficial da Asociación Ecoloxista Coto do Frade en referencia o Polígono Medioambiental de Carballeda de Avia.

Coto de Frade, ven de presentar a súa posición ante o anuncio da instalación do Polígono en Carballeda de Avia. Dita postura, foi presentada coma proposta de resolución na Asemblea da Federación Ecoloxista Galega, que por unanimidade, foi aprobada, polo que a FEG e as súas asociacións integrantes as asumen coma propias.
(more…)
Corrubedo e Valdoviño: intolerábel desleixo polo patrimonio natural
A Fiscalía especial de urbanismo ven de decretar o arquivo das dilixencias penais abertas pola denuncia de ADEGA de dúas construccións ilegais na Rede Natura: unha urbanización en Valdoviño (LIC Costa Ártabra) e dúas construccións dentro do Parque natural de Corrubedo. Sorprendentemente, e segundo referíu o fiscal, estas construccións contaban con todos os permisos e informes favorábeis de medio ambiente, patrimonio, costas… É así como se preserva o noso patrimonio natural e cultural? Quenes son os responsábeis desta desfeita? ADEGA denuncia a existencia de varios vertedoiros ilegais no monte Xiabre
