02/04/ 2007

Medidas urxentes para a protección das Gándaras de Budiño e ribeiras do Louro

As Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro é unha das áreas protexidas máis ameazadas da Galiza. A súa inclusión na Rede Natura a finais dos anos noventa non conseguiu deter o proceso de degradación que comezou hai máis de corenta anos. Continúan impunemente os vertidos industriais, os aterros, a destrución de hábitats de interese europeo, as talas ilegais, os movementos de terra en Solos Protexidos, a eliminación de especies de flora e fauna, a proliferación de vertedoiros de lixo, a introdución de especies alóctonas, etc.

 

(more…)

Posicionamento oficial da Asociación Ecoloxista Coto do Frade en referencia o Polígono Medioambiental de Carballeda de Avia.

Coto de Frade, ven de presentar a súa posición ante o anuncio da instalación do Polígono en Carballeda de Avia. Dita postura, foi presentada coma proposta de resolución na Asemblea da Federación Ecoloxista Galega, que por unanimidade, foi aprobada, polo que a FEG e as súas asociacións integrantes as asumen coma propias.

 

(more…)

Corrubedo e Valdoviño: intolerábel desleixo polo patrimonio natural

    A Fiscalía especial de urbanismo ven de decretar o arquivo das dilixencias penais  abertas pola denuncia de ADEGA de dúas construccións ilegais na Rede Natura: unha urbanización en Valdoviño (LIC Costa Ártabra) e dúas construccións dentro do Parque natural de Corrubedo. Sorprendentemente, e segundo referíu o fiscal, estas construccións contaban con todos os permisos e informes favorábeis de medio ambiente, patrimonio, costas… É así como se preserva o noso patrimonio natural e cultural? Quenes son os responsábeis desta desfeita?
 
(more…)

ADEGA denuncia a existencia de varios vertedoiros ilegais no monte Xiabre

Filed under: Residuos, Contaminación

ADEGA condena esta prática e esixe aos organismos competentes que erradiquen este problema, e contribúan a ter o monte limpo, xa que é de todos.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here