07/04/ 2007

A “APDR” alerta sobre a venda do patrimonio natural galego

A pretensión de “Caixa Galicia” de mercar a illa de Sálvora, pon en alerta á “Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra, que entende que esta operación vai contra o interese xeral da cidadanía galega e do patrimonio medioambiental galego.


 

En efecto, a “APDR” entende que o patrimonio medioambiental galego –lonxe de pasar a mans privadas- ten que seren recuperado pola administración para o uso e disfrute do conxunto da cidadanía; e son moitos os casos nos que o noso patrimonio natural permanece nas mans duns poucos en base a antigos “privilexios” das clases economicamente podentes no pasado réxime dictatorial.

 

Neste sentido, rexeitamos a posíbel venda da illa de Sálvora a “Caixa Galicia”, e chamamos a atención da administración e da cidadanía nun feito que a ninguén se lle pode escapar; a illa de Sálvora é parte do “Parque Nacional das Illas Atlánticas” e como tal a responsabilidade da Xunta e da administración estatal é preservala fronte a posíbeis agresións; permitir a súa venda non semella o mellor xeito de facelo, por moi boas que puideran ser as intencións e os proxectos que os seus compradores teñan reservado para ese anaco do noso patrimonio natural.

 

Pero, ademais, desde a “Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra, queremos subliñar que o posíbel comprador, “Caixa Galicia”, non se ten salientado precisamente polo súa defensa do noso medio natural; moi ao contrario. Non se pode esquecer que ate hai ben pouco, o actual presidente de “Caixa Galicia”, o Sr. Méndez, foi presidente do grupo ENCE, que mantén desde hai xa demasiados anos un complexo industrial en Lourizán que –entre outras cousas- ten arruinado o noso medio ambiente e os recursos naturais da nosa Ría, e que aínda hoxe, cunha importante porcentaxe no accionariado de ENCE, non fixo nada por mudar esta situación.

 

Así as cousas, desde a APDR denunciamos esta operación –que con seguridade resposta ao interese particular da entidade financeira- e esiximos ao goberno da “Xunta de Galicia” que faga todos os esforzos posíbeis para impedir o que doutro xeito rematará por seren o principio do fin do noso patrimonio natural como un patrimonio colectivo.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/04/07/p363/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here