Á “APDR” preocúpalle a falta de decisión do goberno galego no tema “ENCE”
A chegada do PSOE e o BNG ao goberno da Xunta de Galicia, supuxo entre outras cousas un cambio de actitude verbo do tema ENCE, e xenerou sen dúbida moitas expectativas na meirande parte da xente que loitamos por ver unha Ría de Pontevedra libre de empresas contaminantes, saneada e recuperada para a creación de postos de traballo e para o lecer e disfrute da cidadanía. Supuña, desde logo, un posicionamento radicalmente oposto á actitude de absoluta connivencia –cando non submisión- dos gobernos do PP para con ENCE-ELNOSA. Abonda con lembrar que entre os acordos programáticos do goberno bipartito figura o de eliminar o complexo, o principal foco contaminante da nosa Ría, e a búsqueda dunha ubicación alternativa. Daquela na “Asociación Pola Defensa da Ría” fixemos a oportuna declaración ao respecto e animabámos á Xunta de Galicia a actuar de fronte, coa valentía dun goberno que se sabe co respaldo da práctica totalidade da poboación directa e indirectamente afectada.
(more…)

