08/04/ 2007

Verdegaia e Ecologistas en Acción promoven a exposición “Freemos o cambio climático”

A asociación ecoloxista galega Verdegaia e a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción promoven en Galicia a exposición itinerante “Freemos o cambio climático”. Esta exposición explica que é o cambio climático, as súas causas, os seus efectos a nivel mundial e na Península Ibérica e as súas solucións. A exposición, que consta de 14 paneis, ponse a disposición de asociacións, centros de ensino e institucións de toda Galicia.


    Como proban os últimos informes científicos divulgados polo Panel Intergobernamental para o Cambio Climático, a actividade humana está alterando o clima mundial. Xa se sabe que, de non reducirmos a tempo as emisións de dióxido de carbono (CO2) e doutros gases que intensifican o efecto invernadoiro, os efectos serán moi graves para o medio ambiente, a economía e a sociedade. A responsabilidade principal deste problema é dos países enriquecidos do Norte, mais serían os países empobrecidos do Sur os máis prexudicados.

    Os obxectivos da exposición “Freemos o cambio climático” son concienciar sobre a magnitude e a urxencia do problema do cambio climático e estimular a participación da sociedade galega na loita contra o maior problema ambiental global. Galicia non se está a tomar en serio o problema do cambio climático, a pesar de que a súa contribución, en termos de emisións por habitante, é das máis altas de Europa e do mundo, e de que as emisións de gases causantes do cambio climático medraron un 30% entre 1990 (ano base do Protocolo de Quioto) e 2004, é dicir, bastante máis que na maioría dos países industrializados. Mentres tanto, os Concellos ignoran a cuestión do cambio climático e a Xunta limítase a facer “anuncios de anuncios” de medidas para reducir as emisións que seguen sen se concretar.

    A exposición é unha adaptación á realidade galega da exposición concebida a nivel  estatal pola Área de Cambio Climático de Ecologistas en Acción. Está pensada para un público amplo, cun deseño visual e unha linguaxe clara. Grazas á organización da Oficina de Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago (USC), os primeiros lugares nos que se poderá ver serán diversos centros da USC.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/04/08/p364/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here