10/04/ 2007

Agresión á biodiversidade na limpeza dos rios no morrazo

Luita Verde califica de moi agresiva a actuación levada a cabo polas brigadas contratadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na limpeza dos ríos na comarca (Miñouba, Barranco do Faro, rio da Fraga, Saíñas, Bouzós,…). Denuncia que a pesar do positivo feito de que con estas labores se aproveitara para limpar verquidos incontrolados de lixo e de ramaxe que impedían o paso das augas nas crecidas, se podou e desbrozou en exceso nas marxes dos ríos, afectando en sobremaneira á rica biodiversidade de fauna e flora propia destes ecosistemas húmidos de ribeira.

(more…)

Verdegaia demanda axilidade na adquisición das zonas ambientalmente sensíbeis de Covas (Ferrol) afectadas pola concentración parcelaria.

 Demanda da Xunta de Galicia e do Ministerio de Medio Ambiente que merque ou expropie as parcelas delimitadas sobre áreas dunares e hidromorfas de Sta. Comba,  Sartaña e Ponzos, afectadas pola parcelaria. Asimesmo, denuncia a degradación e o fraccionamento de diversos hábitats dunares e palustres, integrados no L.I.C. “Costa Ártabra” e na Z.E.P.A. “Costa de Ferrolterra-Valdoviño”, como consecuencia da apertura de novos camiños e da delimitación de novas parcelas.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here