10/04/ 2007

Agresión á biodiversidade na limpeza dos rios no morrazo

Luita Verde califica de moi agresiva a actuación levada a cabo polas brigadas contratadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na limpeza dos ríos na comarca (Miñouba, Barranco do Faro, rio da Fraga, Saíñas, Bouzós,…). Denuncia que a pesar do positivo feito de que con estas labores se aproveitara para limpar verquidos incontrolados de lixo e de ramaxe que impedían o paso das augas nas crecidas, se podou e desbrozou en exceso nas marxes dos ríos, afectando en sobremaneira á rica biodiversidade de fauna e flora propia destes ecosistemas húmidos de ribeira.


Salienta que entre esa variada biodiversidade hai varias especies de interese botánico, que ademais moitas plantas comezaban a florecer e que especies animais de anfibios, réptiles, micromamíferos, aves e insectos, dependen especialmente da foresta, que aparte de utilizala como cobixo e alimento, a utilizan tamén como sustento e protección na súa fase de aniñada e reproductiva.

Luita Verde entende que estas labores foron realizadas con demasiada precipitación motivado pola alarma das riadas do inverno pasado e despois de moitos anos de abandono, deixadez e inoperancia da propia administración (Xunta e concellos), onde non se limpou, deixando pecharse de vexetación moitos dos tradicionais camiños públicos de paso e se tolerou o verquido incontrolado de todo tipo de lixo, entullos, terras, ramaxe de talas, etc, tanto nas marxes como no propio leito. O máis sostible sería facer a limpeza anualmente, fora da época de cría da fauna, respetando a vexetación ripícola e minimizando o máximo a utilización de maquinaria.

Luita Verde por outra parte lembra que a ramaxe e os verquidos de lixo non son o único e principal problema de atranco ante as crecidas nos ríos senón que tamén o son e de peores consecuencias, a construcción de vivendas e muros na zona de servidume ou enriba dos mesmos, ou a colmatación dos leitos por áridos e terras procedentes de obras ou viais, como por exemplo a vía rápida, onde cumpre medidas e urxentes de corrección e unha estricta aplicación das normativas urbanísticas, ambientais e de residuos, como prevención de futuro. Polo contrario mentres tanto, se segue a eliminar vexetación arbórea e a urbanizar dentro das áreas de ribeira e da propia zona de servidume dos ríos, como por exemplo nas Barxas, en Moaña, O Atranco, en Cangas ou As Lagoas, en Bueu, e se expoñen a que no futuro teñan problemas de riadas iguais ou peores ás acontecidas neste inverno pasado.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/04/10/agresion-a-biodiversidade-na-limpeza-dos-rios-no-morrazo/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here