11/04/ 2007

ADEGA presenta o Proxecto Ríos no Barco de Valdeorras

Filed under: Augas e Ríos

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadania o mantemento e a mellora dos ríos proporcionanado as ferramentas que garantan a súa participación.

 

O mércores 11 presentarase o Proxecto Ríos as 18:00 horas no Salón de Actos do Concello. A finalidade desta presentación é dar a coñecer o Proxecto Ríos nos núcleos sostibles nos que está o concello do Barco de Valdeorras. Na charla explicaranse a evolución do Proxecto Ríos, os seus obxectivos, grupos participantes, así como os pasos a seguir para poder participar como voluntario/a no proxecto,

 

O xoves 12 realizarase como continuación desta actividade, unha saída formativa co centro de ensino CEIP Julio Barriadán. A inspección realizarase no río Sil con dous cursos de 5º de primaria.

 

As saídas formativas consisten na realización de roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a o grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios poda logo desenvolver o programa autonomamente.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here