A Lousa, As Encrobas: a loita polo dereito á terra, á saúde e a un ambiente sán continúa logo de 30 anos
ADEGA esixe das administracións un compromiso claro a favor da veciñanza fronte á contaminación causada por Lignitos de Meirama S. A. (LIMEISA)
13 de abril de 2007. Ante os reiterados e gravísimos episodios de contaminación provocados pola actividade de LIMEISA (Lignitos de Meirama S. A.) nos lugares de A Lousa e As Encrobas (Cerceda), ADEGA esixe das administracións unha intervención urxente e decidida para obrigar á empresa a cumprir cos seus deberes ambientais. Non se pode tolerar por máis tempo que ante as múltiples evidencias de que a actividade de LIMEISA está a poñer risco a saúde humana e ambiental, a Xunta de Galiza siga sendo condescendiente coa actitude prepotente e insolidaria da empresa.
(more…)
