Atentado ecolóxico no río da fraga (Moaña)
Operarios e máquinas da empresa Braña SCL, contratada pola Consellería de Medio Ambiente e supostamente autorizadas polo Ente competente na materia, Augas de Galicia, tamén dependente da C. de Medio Ambiente, no que en principio era unha limpeza tralas últimas riadas provocaron ó final un verdadeiro atentado ecolóxico no entorno do río da Fraga, no Concello de Moaña, danando irreversiblemente o leito e as marxes, a biodiversidade, o patrimonio etnográfico e inclusive a súa morfoloxía.
