19/04/ 2007

Atentado ecolóxico no río da fraga (Moaña)

Filed under: Augas e Ríos

Operarios e máquinas da empresa Braña SCL, contratada pola Consellería de Medio Ambiente e supostamente autorizadas polo Ente competente na materia, Augas de Galicia, tamén dependente da C. de Medio Ambiente, no que en principio era unha limpeza  tralas últimas riadas provocaron ó final un verdadeiro atentado ecolóxico no entorno do río da Fraga, no Concello de Moaña, danando irreversiblemente o leito e as marxes, a biodiversidade, o patrimonio etnográfico e inclusive a súa morfoloxía.


 

No tramo que vai dende o barrio de Couso ata a súa desembocadura, na praia da Xunqueira, talaron e arrincaron de raiz ducias de árbores adultas das especies salgueiro, ameneiro, freixo, loureiro e inclusive algúns carballos centenarios, onde gran parte dos cepellóns, troncos e ramas das árbores aínda se poden ver troceados á ámbalas marxes do río, e ó seu carón brasas de fogueiras onde xa se queimou parte da vexetación e que nalgún caso chegou a afectar tamén coas chamas ás ramas de árbores vivas.

 

Intoduciron unha pala de cadeas dentro do leito e levantaron centos de cantos rodados, danando algúns muros de contención preto das leiras e dos muíños, depositando durante gran parte do río os cantos á ámbalas beiras do río, afectando asimesmo gravemente tanto a cría como o hábitat vital de moitas troitas, como así mesmo de diversidade de invertebrados e vexetación acuática existente no río.

 

Tamén impactaron moi negativamente nunha gran parte da fauna terrestre, principalmente as aves, que solen utilizar ás árbores como cobixo, pousadoiro ou mesmo alimento entre as súas ramas e follas, e co agravante ademais que nesta época xa estaban a facelos niños nas súas ramas ou o seu carón. Ó derrubar muros posiblemente afectaron tamén o hábitat e madrigueira dalgunhas especies de mamíferos e réptiles.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/04/19/atentado-ecoloxico-no-rio-da-fraga-moana/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here