20/04/ 2007

Os residuos da limpeza do rio bouzós (Cangas)

Os residuos de poda e desbroce, que se ven mesturados con todo tipo de plásticos, caixas, chatarras, pezas de tubería, etc., despóis de rematada a limpeza por brigadas contratadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, permanecen depositados en varias pillas á beira do río Bouzós, dentro dos 5 metros de servidume, nunha zona de difícil acceso entre cultivos, muíños e bosque de ribeira que percorre o lugar de Reboredo na parroquia canguesa de Coiro.

 


A elo, na mesma zona, se unen vertidos de augas residuais dende varios pozos de decantación da rede municipal do saneamento (o servizo está a cargo da empresa Aqualia) instalados dentro tamén dos 5 metros de servidume, un deles con verquidos en grandes cantidades directamente ó leito; entre os pozos de decantación tamén se pode ver un tramo dun colector de PVC ó descuberto, producto da erosión das augas fluviais ó estar este tamén instalado á beira mesmo do río.

 

Preto do citado verquido tamén se poden ver dentro da zona de servidume dúas árbores de gran porte (Acacia melanoxylon) caídas, co cepellón levantado. Un pouco máis abaixo o río foi canalizado hai décadas entre muros e propiedades ata o lugar de O Atranco, onde preto da súa desembocadura na praia de Rodeira, xa no núcleo urbano da vila, o río pasou a desaparecer canalizado baixo edificios e aparcamentos, que foron quen provocaron que o mesmo río desbordara e asolagara os arredores da zona urbana, tralas riadas do pasado inverno. Por engadido, ante a proximidade e que os verquidos ó río van parar directamente ó mar, non hai que olvidar que a UE xa advertíu de sanción varias veces  recientemente ao Estado Español, polos altos índices de contaminación en conxunto da ría de Vigo.

 

LUITA VERDE denunciou por escrito os feitos o pasado martes 17 de abril ante o SEPRONA, o Concello de Cangas e a Demarcación Sur-Vigo de Augas de Galicia, SOLICITANDO a comprobación dos feitos, a eliminación inmediata dos verquidos, o arranxo de posibles problemas zonais na rede do saneamento, a apertura dun expediente sancionador se procede e de acordo co R.D. 1398/1993 de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da Potestade Sancionadora, se lle informe puntualmente das actuacións levadas a cabo. Solicitou asimesmo que se proceda á retirada dos residuos de poda, árbores caídas e lixo da zona de servidume do río. 

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/04/20/os-residuos-da-limpeza-do-rio-bouzos-cangas/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here