25/04/ 2007

ADEGA comeza dous novos programas de compostaxe caseira nos concellos de Santiago de Compostela e Mos

O de Compostela é o cuarto programa e instalaranse 50 composteiros. O de Mos é o terceiro e contará con 75 domicilios participantes.

Neste mes de abril comezan dous novos  Programas de Compostaxe Caseira nos Concellos de Santiago de Compostela e Mos.
 
Os programas de Compostaxe Caseira que promoven as Concellerías de Medio Ambiente destes dous concellos en colaboración con ADEGA, dan continuidade a un programa que ten moi boa acollida polos veciños/as particiantes, e que recentemente foi premiado pola Obra Social de Caja-Madrid ao Mellor Eco-exemplo do 2006.

O programa de compostaxe caseira consiste no reparto, instalación do composteiro, entrega dun manual elaborado por ADEGA e o seguemento durante seis meses do proceso de compostaxe, xá que este período é o que precisan os residuos orgánicos para convertirse en compost. Durante estes meses fanse visitas de seguemento nas que os educadores/as ambientais de ADEGA respostan as preguntas e resolven as dúbidas que poidan xurdir, e expoñen ideas de melloras para o proceso.

Con este programa son xa 13 os proxectos destas características desenvolvidos por ADEGA en todo o país dende que comezara no verán do 2002 co primeiro. A finalidade destes é de darlle unha xestión ecolóxica aos resíduos orgánicos e así evitar a sua incineración ou verquido, fomentando a reciclaxe. A compostaxe caseira ten desmostrado neste período ser un sistema eficiente para a xestión domiciliaria dos residuos orgánicos, polo que o concello sae beneficiado tanto ecolóxica como económicamente e cada dia máis persoas interesanse por este sistema de tratamento descentralizado.

ADEGA ten instalados a dia de hoxe case mil compsteiros noutros tantos fogares galegos, o que atinxe a unha poboación estimada de 4000 persoas.

Durante esta quincena farase a primeira visita aos fogares participantes nos novos programas, nesta visita entregarase a cada fogar o composteiro, buscarase o lugar para colocar o composteiro e instalarase. Unha vez no seu lugar entregarase aos participantes un manual de uso do composteiro e daranselle as primeiras indicacións, que se irán completando nas visitas sucesivas.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/04/25/adega-comeza-dous-novos-programas-de-compostaxe-caseira-nos-concellos-de-santiago-de-compostela-e-mos/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here