Denuncia a NORFOR 
(more…)
700.000 € por cada posto de traballo: así calqueira fai negocio!
PISCIFATORÍA DE MIRA (PORTUGAL): AS CONTAS CLARAS
A macroacuicultura industrial é un negocio redondo para as grandes transnacionais do peixe como PESCANOVA ou STOLT. Aos baixísimos custos laborais derivados dunha cativa criazón de postos de traballo (a maioría en precario) hai que engadir as inxentes subvencións públicas para esta actividade.
(more…)
23/05/ 2007
Para acometer unha minicentral en EN Beariz preséntase un estudo de efectos ambientais do ano 1987
As minicentrais, un goteo que non cesa
No interior da provincia de Ourense, en Beariz, estase proxectando unha minicentral promovida por Hidroeléctrica de Cardelle S.L. Esta minicentral afectará a tres ríos deste concello e presenta diversas irregularidades coñecidas por ADEGA.(more…)
22/05/ 2007
Posicionamento da FEG no día internacional da biodiversidade
Agardando un cambio de rumbo nas políticas de conservación da biodiversidade
A Asemblea Xeral da ONU declarou o 22 de maio como Día Internacional da Diversidade Biolóxica. Nesta data sinalada, a Federación Ecoloxista Galega segue agardando da administración autonómica un cambio nas políticas de conservación da nosa riqueza biolóxica que garantan a súa supervivencia.(more…)
18/05/ 2007
ADEGA alerta do paseo fluvial no río Barcala en Negreira
A construcción de muros de pedra na ribeira é unha opción despilfarradora e nociva para o medio ambiente.
Nestes tempos electorais rexístrase un aceleramento e un aumento das obras en construcción en moitos concellos. Outra cousa é que esas obras respondan a uns mínimos criterios ambientais.(more…)
17/05/ 2007
ADEGA alerta contra a contaminación electromagnética
DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS . Este día as principais organizacións ecoloxistas do estado, así como numerosas organizacións sociais e plataformas, queremos chamar a atención sobre o aumento da contaminación electromagnética. Demandamos un cambio da normativa estatal e autonómica con criterios de prevención e precaución, así como máis financiamento público para a investigación independiente sobre os efeitos para no ambiente e na saúde destas emisións.(more…)
16/05/ 2007
O PXOM de Marín, especulación industrial e residencial
(more…)
15/05/ 2007
A “APDR” apoia a loita contra REGANOSA en Ferrolterra.
(more…)
ADEGA denuncia unha nova agresión ao Barbaña
(more…)
11/05/ 2007
Verdegaia presenta propostas para facer municipios sustentables
Os concellos, as administracións con menor sensibilidade ambiental, están a contribuír á que Galicia sexa cada vez máis insustentable
A celebración das eleccións municipais do próximo 27 de maio é unha boa oportunidade para que a cidadanía e os partidos políticos reflexionemos sobre a situación ambiental e a sustentabilidade e sobre a súa relación coas políticas municipais. Para contribuír ao debate, a asociación ecoloxista Verdegaia presenta un conxunto de propostas para mellorar a nosa calidade de vida desde os Concellos de forma sustentable. En xeral, as administracións locais galegas teñen moi pouca sensibilidade ambiental e están a contribuír moito para que Galicia avance nun sentido contrario ao desenvolvemento sustentable.
(more…)
Hidroeléctrica del Río Grande S.L.: Beneficios para uns poucos
A TRAMA DAS ENERXIAS RENOVÁVEIS (I)
O alcalde de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez Rodríguez preside a empresa Hidroeléctrica del Rio Grande S.L. que ten por obxecto a construcción dunha minicentral dentro da Rede Natura e máis do futuro Parque Natural do Macizo Central.
(more…)09/05/ 2007
Polo futuro do noso mar: REGANOSA fóra da ría
(more…)
07/05/ 2007
Reportaxen fotográfica do Bloqueo do Galicia Spirit
06/05/ 2007
Manifestación Galiza Non se Vende: Terra Viva e Vida Digna para tod@s
6 de maio ás 12:00. Santiago de Compostela
Saída dende a Alameda
A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía, nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer… e o facemos desde hai séculos, nel está a nosa historia. O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas ou singulares e alberga, ademais, muitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade.
(more…)
04/05/ 2007
HOXE ELNOSA, MAÑÁN CELULOSAS !
Sen dúbida atopámonos nun dos mellores momentos da loita pola desaparición do complexo ENCE-ELNOSA da nosa Ría; dunha banda, as administracións implicadas no tema semellan ter apostado nesta dirección, por máis que non sempre o fagan coa decisión que todas e todos nós quixeramos, e doutra, xa ninguén cuestiona a necesidade de eliminar o complexo para recuperar a Ría. De feito, ningunha forza política que queira ter representación no Concello de Pontevedra é quen de propor a permanencia de CELULOSA e ELNOSA na súa actual ubicación. E isto non é así por casualidade; neste medre da concienciación da cidadanía ten moito que ver a loita que ano tras ano vimos desenvolvendo desde a APDR, unha mobilización que hoxe máis que nunca ten que se facer patente para impedir unha volta atrás que non é imposíbel.
Hoxe a presenza de ELNOSA en Lourizán ten os días contados; non ten conseguido a preceptiva “Autorización Ambiental Integrada” e –coa lei na man – ten que pór fin á súa actividade industrial en outubro deste ano. E máis pronto que tarde, sairá CELULOSA; e unha e outra terán que deixar Lourizán como estaba cando fixeron ocupación deses terreos. De aí o noso lema para esta nova MARCHA CONTRA CELULOSAS.
PORQUE PONTEVEDRA NON PODE HIPOTECAR O SEU FUTURO ATÉ O 2018…
PORQUE A MOBILIZACIÓN SEGUE A SER NECESARIA
SÁBADO 5 DE MAIO ÁS 19,00 HORAS
A Federación Ecoloxista Galega manifesta o apoio da manifestación en contra de ENCE
(more…)
A ondada depredatoria, o feísmo e a violencia catastral
Acción MONTAÑAS en REDE: PARTICIPA!
(more…)
03/05/ 2007
Máis degradación ambiental no Morrazo tralas labores de limpeza do río Barranco do Faro en Meira (Moaña)
(more…)
02/05/ 2007
XXXII Asemblea de ADEGA: novos reptos do ecoloxismo galego
(more…)
Axuda urxente para o Courel !
(more…)
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here
