04/05/ 2007

HOXE ELNOSA, MAÑÁN CELULOSAS !

Filed under: Denuncia, Convocatoria

Sen dúbida atopámonos nun dos mellores momentos da loita pola desaparición do complexo ENCE-ELNOSA da nosa Ría; dunha banda, as administracións implicadas no tema semellan ter apostado nesta dirección, por máis que non sempre o fagan coa decisión que todas e todos nós quixeramos, e doutra, xa ninguén cuestiona a necesidade de eliminar o complexo para recuperar a Ría. De feito, ningunha forza política que queira ter representación no Concello de Pontevedra é quen de propor a permanencia de CELULOSA e ELNOSA na súa actual ubicación. E isto non é así por casualidade; neste medre da concienciación da cidadanía ten moito que ver a loita que ano tras ano vimos desenvolvendo desde a APDR, unha mobilización que hoxe máis que nunca ten que se facer patente para impedir unha volta atrás que non é imposíbel.

Hoxe a presenza de ELNOSA en Lourizán ten os días contados; non ten conseguido a preceptiva “Autorización Ambiental Integrada” e –coa lei na man – ten que pór fin á súa actividade industrial en outubro deste ano. E máis pronto que tarde, sairá CELULOSA; e unha e outra terán que deixar Lourizán como estaba cando fixeron ocupación deses terreos. De aí o noso lema para esta nova MARCHA CONTRA CELULOSAS.

PORQUE PONTEVEDRA NON PODE HIPOTECAR O SEU FUTURO ATÉ O 2018

PORQUE A MOBILIZACIÓN SEGUE A SER NECESARIA

SÁBADO 5 DE MAIO ÁS 19,00 HORAS

MARCHA CONTRA CELULOSAS

A Federación Ecoloxista Galega manifesta o apoio da manifestación en contra de ENCE

Filed under: Denuncia, Convocatoria

A Federación Ecoloxista Galega, mantendo unha postura constante dende a súa creación, e que non é outra que a fábrica de Celulosas, en Lourizán, debe de saír desta localización polos problemas ambientais que produce ao ecosistema mariño e litoral da zona, así como polos problemas e riscos de saúde que produce na poboación limítrofe.
(more…)

A ondada depredatoria, o feísmo e a violencia catastral

Filed under: Prensa

Leo en El Progreso de Lugo unha magnífica crónica de alcance mundial. Trata do urbanismo en Barreiros, na costa da Mariña, e infórmase dos preparativos dunha mobilización de veciños, comandada polo señor alcalde, contra as medidas de control urbanístico e protección do litoral que está a tomar o Goberno que preside Touriño. Mais o sorprendente e novidoso non é o anuncio dunha manifestación, senón a razón esgrimida e que mesmo podería servir de lema: "Nós tamén queremos ser multimillonarios".
 

Acción MONTAÑAS en REDE: PARTICIPA!

Filed under: Espazos Naturais

MONTAÑAS EN REDE. Seguro que máis dunha vez pensaches que as montañas precisan de axuda. Estacións de esquí, infraestruturas turísticas, urbanizacións, estradas e pistas, minas e canteiras, expolio cinexético e forestal, parques eólicos mal situados, industria hidroeléctrica… E quizais pensaches HAI QUE FACER ALGO. En ADEGA e Red Montañas pensamos coma ti. FAI OÍR A TÚA VOZ EN DEFENSA DAS MONTAÑAS! Actúa a fin de semana do 12 e 13 de maio para recordarlles aos nosos representantes políticos que as montañas son LUGARES ESPECIAIS E PRECISAN DUN TRATO ESPECIAL, porque da súa conservación depende o futuro da AUGA, de ECOSISTEMAS E PAISAXES AMEAZADAS, e de moitos outros bens naturais importantes para toda a sociedade. Baixa o Manifesto MONTAÑAS 2007 da páxina de ADEGA.
(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here