A Federación Ecoloxista Galega manifesta o apoio da manifestación en contra de ENCE
Instalada na década dos cincuenta, pola ditadura franquista, sen ter en conta aos habitantes do lugar, foi cando comezou unha degradación ambiental desta zona da ría, así coma a perda de recursos económicos como podían ser o marisqueo e o turistico.
Así, ENCE, propietaria desta celulosa, foi condenada por delito ecolóxico continuado. A empresa pouco fixo para remediar esta situación, e sigue a contaminar a ría.
Pero estes efectos negativos ambientais, non son soo para a ría. A necesidade de materia prima, eucalipto, está a producir que as superficies forestais, e en especial nas zonas costeiras, ameaza a biodiversidade dos nosos montes. Se engadimos que, economicamente cada ano que pasa, as plantacións de eucalipto son menos rendibles, pois cada vez é mais barata a súa madeira. Os incendios, a facilidade de transmisión de pragas ou de enfermidades, son outras dos riscos que están a correr e que no caso de darse, botarían a baixo a precaria economía forestal destas zonas.
A ocupación de terreos de dominio público, o impedir un desenvolvemento sostible, da comarca, os problemas de saúde ou por un encuberto proxecto especulativo por parte da empresa e caixa Galicia (socio principal de ENCE) cos parabéns da Xunta de Galicia, A Federación Ecoloxista Galega apoia as manifestación do día cinco de maio en Pontevedra. HOXE ELNOSA, MAÑÁ CELULOSA: MARCHA CONTRA CELULOSAS
