04/05/ 2007

HOXE ELNOSA, MAÑÁN CELULOSAS !

Filed under: Denuncia, Convocatoria

Sen dúbida atopámonos nun dos mellores momentos da loita pola desaparición do complexo ENCE-ELNOSA da nosa Ría; dunha banda, as administracións implicadas no tema semellan ter apostado nesta dirección, por máis que non sempre o fagan coa decisión que todas e todos nós quixeramos, e doutra, xa ninguén cuestiona a necesidade de eliminar o complexo para recuperar a Ría. De feito, ningunha forza política que queira ter representación no Concello de Pontevedra é quen de propor a permanencia de CELULOSA e ELNOSA na súa actual ubicación. E isto non é así por casualidade; neste medre da concienciación da cidadanía ten moito que ver a loita que ano tras ano vimos desenvolvendo desde a APDR, unha mobilización que hoxe máis que nunca ten que se facer patente para impedir unha volta atrás que non é imposíbel.

Hoxe a presenza de ELNOSA en Lourizán ten os días contados; non ten conseguido a preceptiva “Autorización Ambiental Integrada” e –coa lei na man – ten que pór fin á súa actividade industrial en outubro deste ano. E máis pronto que tarde, sairá CELULOSA; e unha e outra terán que deixar Lourizán como estaba cando fixeron ocupación deses terreos. De aí o noso lema para esta nova MARCHA CONTRA CELULOSAS.

PORQUE PONTEVEDRA NON PODE HIPOTECAR O SEU FUTURO ATÉ O 2018

PORQUE A MOBILIZACIÓN SEGUE A SER NECESARIA

SÁBADO 5 DE MAIO ÁS 19,00 HORAS

MARCHA CONTRA CELULOSAS

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/05/04/hoxe-elnosa-manan-celulosas/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here