09/05/ 2007

Polo futuro do noso mar: REGANOSA fóra da ría

Ferroltera arrastra un déficit histórico nas infraestruturas. Onte foi o tren, hoxe as EDAR, entre outras. Pola contra, a comarca sufríu a perda de miles de postos de traballo ao mesmo tempo que a ría ficaba convertida nunha cañeira. O recente peche de grande parte da ría ao marisqueo é o reflexo da desfeita ambiental consecuencia de políticas alleas ao medio e á sociedade. Agora coa entrada do primeiro metaneiro, irónicamente chamado Galicia Spirit, consúmase un novo atentado contra o noso mar e o futuro da ría de Ferrol.

 Que ninguén nos supoña en contra do progreso. En ADEGA avogamos sempre pola promoción das enerxías renovábeis e, como paso intermedio, pola progresiva substitución das térmicas de carbón polos ciclos combinados.

  Pero a instalación de REGANOSA dentro da ría, resposta só a intereses empresariais, pondo en perigo o dereito á saúde e a un medio ambiente san da cidadanía, alén do medio de vida de numerosas persoas.

 A ubicación en Mugardos da regasificadora resposta a un intento de aforrar custos por parte da empresa a costa de que a sociedade asuma un alto risco. Sempre mantivemos que a ubicación menos mala era o porto exterior, e seguimos pensando que esta opción aínda é posíbel.

  E por isto que ADEGA chama á poboación de Ferrolterra a opoñerse ao seguinte chanzo que pretende facilitar o trasego de metaneiros pola bocana: a voadura dos baixos na entrada da ría. Este feito constituiría un novo atentado ecolóxico, na xa longa lista de agresións e irregularidades deste caso, polo que hoxe máis que nunca seguimos a exixir unha REGANOSA fóra da ría.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/05/09/polo-futuro-do-noso-mar-reganosa-fora-da-ria/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here