15/05/ 2007

A “APDR” apoia a loita contra REGANOSA en Ferrolterra.

A “Asociación pola Defensa da Ría” de Pontevedra (APDR) quere amosar unha volta máis o seu rexeitamento á instalación da pranta de gas de REGANOSA na Ría do Ferrol e o seu apoio solidario ao “Comité Cidadán de Emerxencia” (CCE) e ás xentes do mar que loitaron contra da entrada ilegal do gaseiro “Galicia Spìrit” na Ría.

Para a APDR a entrada do buque na Ría do Ferrol puso en perigo á poboación daquela zona e a actuación da administración do Estado, permitindo primeiro dun xeito absolutamente irregular a entrada do buque e ordeando logo a intervención da forza policial (policía autonómica antidisturbios e garda civil do mar) contra as xentes do mar que non facían máis que defender o seu medio de vida e o pan dos seus fillos, supón un grave precedente que non se debera repetir nunha sociedade que se considera democrática.

En efecto, a entrada do buque na Ría do ferrol é ilegal porque REGANOSA non ten rematado as súas obras nen ten acreditado o cumprimento das condicións de seguridade esixidas na autorización de construción; non cumpre o relativo á distancia aos núcleos de poboación máis próximos nen no que fai á saída de emerxencia dos buques gaseiros, condicións todas elas absolutamente necesarias para evitar o perigo sobre a poboación e que a administración tería que ter considerado antes de permitirlle a entrada ao “Galicia Spirit”.

Desde a APDR apoiamos a firme decisión do CCE e os mariscadores da Ría do Ferrol de facer fronte ao gaseiro impedíndolle a entrada na Ría, unha decisión que –lonxe de se poder considerar unha derrota- supón unha victoria da cidadanía fronte aos que defenden os intereses privados duns poucos sen ter en conta os direitos da maioría da poboación a un medio natural sen contaminación, a vivir da pesca, do marisqueo e do turismo e a ter unha saúde e calidade de vida digna; neste sentido, animámoslles a seguir na loita para que máis pronto que tarde a paralización da actividade da pranta de REGANOSA sexa un feito e que a Ría do Ferrol poida ver cumprido o desexo do seu saneamento e recuperación para a súa vocación natural, que non é outra que o da explotación racional dos recursos naturais.

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/05/15/p396/trackback/

  1. Crein que o que loitou meu pai nos 70,nos faria mais unidos na loita.Pero vexo que a
    xuventude cree que o camiño esta feito.Tiñan que estar orgullosos do que loitaron os seus pais,
    unha loita que trascendeu mais lonxe do que poden imaxinar.A historia a escriben outros como lles conven,
    pero nos imos facer a nosa historia por nosos fillos.
    SUMAROS A ESTA LOITA CONTRA A PLANTA DE GAS LOITADE XA NON POR VOS,POR VOSOS FILLOS.
    TODOS PODEMOS FACER A NOSA HISTORIA.

    Comment by SUSO — 19/06/ 2007 @ 19:20

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here