O treito afectado pola mina do Courel estivo incluído dentro da Rede Natura 2000 cinco anos.
A FEG considera escandaloso que se xustifique a canteira no Courel por non estar dentro da Rede Natura 2000.
A maior parte do treito do Courel excluído da Rede Natura reúne os mesmos valores que o resto do espazo, e a súa exclusión responde a prácticas fraudulentas de concesións realizadas polo anterior goberno e da que agora os responsables da nova Xunta parece que queren ser cómplices. O motivo de que Galicia ocupe o penúltimo posto dentro do estado de superficie protexida en Rede Natura 2000 e froito precisamente destas prácticas, e a riqueza natural galega non está ben representada. Clama ao ceo que os soutos do Courel sexan destruídos impunemente en pleno século XXI amparándose na falta de protección oficial.(more…)
28/06/ 2007
A Bandeira Azul non é garantía dun litoral ecolóxico
(more…)
27/06/ 2007
ADEGA reaxe contra o decretazo das canteiras
(more…)
Alegacións á Mina de Andalucita
(more…)
Verdegaia critica o proxecto de actuación de Costas nas Brañas de Dodro
Deterioraría unha valiosa zona húmida que forma parte da Rede Natura 2000
Verdegaia critica o proxecto de actuación da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente para as Brañas de Dodro, por entender que deterioraría unha zona húmida de elevado interese natural, integrada na rede europea de espazos protexidos Natura 2000. Costas ignora o valor ecolóxico real das Brañas de Dodro e pretende promover actuacións que artificializarían o contorno. Verdegaia-Compostela solicitou á Dirección Xeral de Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente que someta o proxecto a un procedemento de avaliación ambiental e pediu á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta que interveña.(more…)
Cos Pés na Terra nº 2
(more…)
26/06/ 2007
Destrucción a toda Costa 2007
En sus páginas 29 y 30 del informe referente a Galicia, aparece el asunto de la planta de gas de Mugardos y otros puntos negros de nuestro litoral. También aparece en mapas asociado y el informe completo de toda Galicia y de toda España.
A FEG rexeita a instalación de aeroxeradores na franxa de cantís da Costa Da Morte situados entre Touriñán e Muxía
A construcción dos dous parques poden chocar coa oferta paisaxística do futuro Parador Nacional
A FEG considera fundamental para a preservación do litoral da Costa da Morte evitar continuar ocupando con aeroxeradores áreas inmediatas aos cantís ou a costa, e pide que a Xunta de Galicia propoña unha banda de protección de alomenos 1500 metros de protección terra adentro para os parques de Muxía.(more…)
Depuración industrial: outra asignatura pendente
(more…)
A Fundación Luis Tilve concede un premio ao C.E.S.
(more…)
ADEGA considera unha burla e unha chantaxe á sociedade a legalización da canteira “La Campa” de O Courel
(more…)
25/06/ 2007
A canteira terá un elevado impacto ambiental e cultural e deixa “mutilado” ao futuro Parque Natural do Courel.
A FEG en contra da autorización dunha macrocanteira no corazón do Courel aprobada onte polo Consello da Xunta.
A FEG amosa a súa grande decepción pola decisión adoitado onte polo Consello da Xunta de autorizar a explotación mineira de La Campa en Folgoso do Courel, un proxecto que foi fortemente rebatido por numerosos colectivos sociais e que finalmente non tivo eco nos novos responsables do goberno galego, e moi particularmente no tándem configurado pola Consellería de Industria e a de Medio Ambiente.(more…)
Galicia é a comunidade autónoma española con maiores emisións de gases de efecto invernadoiro debidas aos incendios
O DATO APARECE RECOLLIDO NO INFORME “INCENDIOS FORESTALES: ANÁLISIS Y PROPUESTAS”, DE ECOLOGISTAS EN ACCIÓN
Segundo un estudo ao que fai referencia un informe sobre incendios que vén de divulgar a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción, Galicia emitiu máis dun millón de toneladas de carbono por incendios forestais no período 1981-2002, sendo a comunidade autónoma con maiores emisións de gases causantes do cambio climático debidas a incendios. Este feito é a consecuencia de que Galicia teña sido a comunidade con maiores volumes de madeira queimados durante o devandito período.(more…)
23/06/ 2007
O CES afirma que a estrada do Vao pode sinalizarse adecuadamente evitando a contaminación lumínica
(more…)
As organizacións ecoloxistas rexeitan a política de comunicación de NORFOR
Os grupos ecoloxistas non acudirán a unha xornada sobre xestión forestal de plantacións que organiza a filial do Grupo ENCE
Organizacións ecoloxistas de ámbito estatal, asturiano, galego e local rexeitan a política de comunicación coa sociedade da empresa NORFOR (Grupo ENCE) e materializan ese rexeitamento na negativa a participaren no encontro organizado pola empresa no seu centro loxístico de Ortigueira para o próximo día 23 de xuño, ao que algunhas destas organizacións teñen sido convidadas.(more…)
22/06/ 2007
Contaminación electromagnética:
o lixo máis de moda
Este 24 de xuño é o Día Internacional contra a CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA. A electropolución é a exposición continua a campos electromagnéticos, principalmente liñas de alta tensión e subestacións eléctricas, así como antenas de telefonía móbil e sistemas Wifi-Wimax. Nesta data, organizacións de afectad@s e ecoloxistas queremos denunciar o medre insustentábel da electropolución pola proliferación descontrolada de infraestruturas eléctricas e redes de telecomunicación, que se está a convertir nun problema ambiental e de saúde. Porén, demandamos un cambio lexislativo profundo nas normativas que regulamentan este tipo de actividades.(more…)
11/06/ 2007
Verdegaia organizou unha limpeza na Barreira de Orbenlle (O Porriño) o pasado domingo.
(more…)
07/06/ 2007
Pídese un plan a curto prazo para eliminar estes impactos e inversións nestas zonas para economías máis sustentabels
ADEGA ALEGRASE DO COMPROMISO DO PRESIDENTE DO GOVERNO GALEGO COA REDE NATURA
Con motivo da celebración do Dia Mundial do Medio Ambiente, o presidente do governo galego, – ao tempo que, dende o parque natural das Illas Atlánticas e LIC Ons-Grove, presentaba aos medios de comunicación o Plan Director de Conservación da Rede Natura 2000 -, veu a reiterar o compromiso da Consellería de Meio Ambiente e de todo o governo Galego coa conservación dos valores ambientais destes espazos protexidos, abogando por facer compatible esta conservación co desenvolvemento económico “responsable e sustentable” e coa creación de emprego.(more…)
06/06/ 2007
Novos verquidos en Redondela e Compostela
O máis grave en Redondela de carácter industrial.
5 de xuño, día do medio ambiente. ADEGA quere dar a coñecer novos verquidos na xeografía galega. O máis grave en Redondela que tinguiu de amarelo dende primeiras horas da mañá a auga do rio Alvedosa. Esta inusual cor indícanos a procedencia industrial do verquido. A procedencia podería estar situada no Polígono Industrial de Amoedo, feitos que foron investigados pola Policía Local de Redondela e máis por membros do SEPRONA. Sen embargo os membros do SEPRONA non destacaron precisamente pola súa celeridade xa que chegaron 4 horas despois do primeiro aviso do verquido e sen equipo necesario para a toma de mostras. Isto provocou o malestar dos veciños xa que aparentemente existiu falta de interese por resolver o problema. Quizais a falta de medios do SEPRONA está na causa das deficiencias detectadas para poder investigar a orixe do verquido, pero isto afecta aos cidadáns que descoñecen as substancias que contaminaron onte Redondela, e como puido afectar á Ría deVigo ou mesmo se pode ser un problema de saúde pública.(more…)
D.E.P. Círculo Lítico da Mourela: 3000 AC-5 de xuño de 2007
día de loito para o Patrimonio Cultural de Galiza. Na mañá do Día Mundial do Medio Ambiente, a necrópole da Mourela foi arrasada por dúas escavadoras. Sen facer públicos os traballos arqueolóxicos sobre o Circulo Lítico, sen estudar outras alternativas ao trazado previsto, sen valorar a posibilidade de construir un túnel por baixo da necrópole como propuña ADEGA, e sen termos constancia de que a D. X. de Patrimonio dera o visto bo, a CPTOPV arrasou o monumento, enclave crucial do megalismo galego. Rematan así 5.000 anos de historia do Círculo Lítico da Mourela. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes esiximos responsabilidades por esta desfeita.(more…)
05/06/ 2007
Esiximos a inmediata posta en liberdade de Bernardo Bastida
Diante da decisión do xulgado de Ferrol de confirmar a prisión incondicional sen fianza do patrón maior da confraría de mariscadores de Ferrol, a Asociación Pola Defensa da Ría manifesta a súa máis profunda solidariedade con Bernardo Bastida e esixe a súa inmediata posta en liberdade.(more…)
Reinvindicación do uso da “Bicicleta” no “Dia mundial do Medio Ambiente”
(more…)
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here
