05/06/ 2007

Esiximos a inmediata posta en liberdade de Bernardo Bastida

Filed under: Denuncia, Litoral

Diante da decisión do xulgado de Ferrol de confirmar a prisión incondicional sen fianza do patrón maior da  confraría de  mariscadores de Ferrol, a Asociación Pola  Defensa da Ría manifesta a súa máis profunda solidariedade con Bernardo Bastida e esixe a súa inmediata posta en liberdade.

O “delito” de Bastida é loitar, xunto con milleiros de cidadáns de  Ferrol, pola defensa dos recursos naturais da Ría de Ferrol e a seguridade da súa poboación.

A APDR  fai un chamamento aos cidadáns de Pontevedra e as organizacións sociais e políticas a apoiar e participar nunha concentración o venres, 8 de xuño, ás 20:30 h. na Praza da Peregrina para esixir a súa inmediata liberdade e manifestar a nosa solidariedade coa xusta loita  que está a desenvolver o pobo Ferrolán.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/06/05/esiximos-a-inmediata-posta-en-liberdade-de-bernardo-bastida/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here