Novos verquidos en Redondela e Compostela
O máis grave en Redondela de carácter industrial.
5 de xuño, día do medio ambiente. ADEGA quere dar a coñecer novos verquidos na xeografía galega. O máis grave en Redondela que tinguiu de amarelo dende primeiras horas da mañá a auga do rio Alvedosa. Esta inusual cor indícanos a procedencia industrial do verquido. A procedencia podería estar situada no Polígono Industrial de Amoedo, feitos que foron investigados pola Policía Local de Redondela e máis por membros do SEPRONA. Sen embargo os membros do SEPRONA non destacaron precisamente pola súa celeridade xa que chegaron 4 horas despois do primeiro aviso do verquido e sen equipo necesario para a toma de mostras. Isto provocou o malestar dos veciños xa que aparentemente existiu falta de interese por resolver o problema. Quizais a falta de medios do SEPRONA está na causa das deficiencias detectadas para poder investigar a orixe do verquido, pero isto afecta aos cidadáns que descoñecen as substancias que contaminaron onte Redondela, e como puido afectar á Ría deVigo ou mesmo se pode ser un problema de saúde pública.(more…)
D.E.P. Círculo Lítico da Mourela: 3000 AC-5 de xuño de 2007
día de loito para o Patrimonio Cultural de Galiza. Na mañá do Día Mundial do Medio Ambiente, a necrópole da Mourela foi arrasada por dúas escavadoras. Sen facer públicos os traballos arqueolóxicos sobre o Circulo Lítico, sen estudar outras alternativas ao trazado previsto, sen valorar a posibilidade de construir un túnel por baixo da necrópole como propuña ADEGA, e sen termos constancia de que a D. X. de Patrimonio dera o visto bo, a CPTOPV arrasou o monumento, enclave crucial do megalismo galego. Rematan así 5.000 anos de historia do Círculo Lítico da Mourela. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes esiximos responsabilidades por esta desfeita.(more…)
