06/06/ 2007

Novos verquidos en Redondela e Compostela

O máis grave en Redondela de carácter industrial.

5 de xuño, día do medio ambiente. ADEGA quere dar a coñecer novos verquidos na xeografía galega. O máis grave en Redondela que tinguiu de amarelo dende primeiras horas da mañá a auga do rio Alvedosa. Esta inusual cor indícanos a procedencia industrial do verquido. A procedencia podería estar situada no Polígono Industrial de Amoedo, feitos que foron investigados pola Policía Local de Redondela e máis por membros do SEPRONA. Sen embargo os membros do SEPRONA non destacaron precisamente pola súa celeridade xa que chegaron 4 horas despois do primeiro aviso do verquido e sen equipo necesario para a toma de mostras. Isto provocou o malestar dos veciños xa que aparentemente existiu falta de interese por resolver o problema. Quizais a falta de medios do SEPRONA está na causa das deficiencias detectadas para poder investigar a orixe do verquido, pero isto afecta aos cidadáns que descoñecen as substancias que contaminaron onte Redondela, e como puido afectar á Ría deVigo ou mesmo se pode ser un problema de saúde pública.

Dende ADEGA quérese sinalar que a orixe dos verquidos non é difícil de determinar xa que deixan abundantes rastros que se poden seguir facilmente no momento, agora ben, hai que estar no momento xusto e ter interés por atopar aos responsables.

Por outra banda en pleno centro Santiago de Compostela rexistrouse o luns pola noite un pequeno verquido de augas fecais. O verquido non ten relevancia polo seu volume pero si é destacable que afectou á entrada do lago do Auditorio de Galiza, un lugar rodeado de xardíns en plena cidade que xamais poderiamos sospeitar que ten risco de sufrir un verquido de augas residuais.

Estes feitos poñen de relevancia a carencia en Galiza de sistemas de saneamento de augas residuais axeitados ás necesidades de cidades, vilas e aldeas. Mesmo hai que destacar malos exemplos como o Milladoiro que foi construido sen un axeitado dimensionamento da rede de saneamento e do sae un regato de augas contaminadas, especialmente en época de chuvias.

O exemplo negativo do Milladoiro lonxe de pertencer ao pasado está de actualidade hoxe en día. Concellos como o de Barro planifican a expansión da capital municipal, San Antoniño, sen construir unha depuradora que poda absorver as augas residuais da rede actual nin moito menos dos novos edificios previstos. Máis de 600 novas vivendas en San Antoniño e unha depuradora nova que só pode tratar 500 habitantes equivalentes.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/06/06/novos-verquidos-en-redondela-e-compostela/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here