26/06/ 2007

Destrucción a toda Costa 2007

Filed under: Litoral

Acaba de publicarse el informe "DESTRUCCION A TODA COSTA 2007" elaborado por Greenpeace, donde aparecen , entre otros, los puntos negros de la Costa Gallega.

En sus páginas 29 y 30 del informe referente a Galicia, aparece el asunto de la planta de gas de Mugardos   y otros puntos negros de nuestro litoral. También aparece en mapas asociado y el informe completo de toda Galicia y de toda España.

A FEG rexeita a instalación de aeroxeradores na franxa de cantís da Costa Da Morte situados entre Touriñán e Muxía

A construcción dos dous parques poden chocar coa oferta paisaxística do futuro Parador Nacional

A FEG considera fundamental para a preservación do litoral da Costa da Morte evitar continuar ocupando con aeroxeradores áreas inmediatas aos cantís  ou a costa, e pide que a Xunta de Galicia propoña unha banda de protección de alomenos 1500 metros de protección terra adentro para os parques de Muxía.
(more…)

Depuración industrial: outra asignatura pendente

O grave déficit no tratamento das augas residuais urbanas de moitos concellos, pon a Galiza á cola no cumprimento da Directiva de Augas no estado. Malia que esta situación está tratando ser revertida mediante un plano de choque contra os vertidos e a masiva construcción de depuradoras, o tratamento dos efluentes industriais, os seus impactos e custos, seguen a ser soportados maioritariamente pola cidadanía. Case todos os polígonos industriais carecen de EDAR, algúns mesmo de sumidoiros, e verten os seus residuos á depuradora pública ou directamente ao medio, criando non poucos problemas.
(more…)

A Fundación Luis Tilve concede un premio ao C.E.S.

Filed under: Convocatoria

O Colectivo Ecoloxista do Salnés quere manifestar públicamente a gratitude á Fundación Luis Tilve por ternos concedido o premio na categoría “Defensa do medio ambiente e dos bens comúns – 2007”. Dita fundación, ligada ao mundo sindical, ten como obxectivo principal a difusión e potenciación dos movementos asociativos e solidarios na sociedade galega, premiando anualmente a asociacións, empresas e particulares que destaquen polas súas accións solidarias para cos máis desfavorecidos na nosa sociedade e respectuosas co noso entorno natural. Así, outros anos a Fundación Luis Tilve premiou, entre outros, á empresa Sargadelos ou a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM).
(more…)

ADEGA considera unha burla e unha chantaxe á sociedade a legalización da canteira “La Campa” de O Courel

O Consello da   Xunta na reunión do 21 de xuño, ven de outorgar, a proposta da Comisión Superior de Urbanismo, a autorización urbanística á canteira de A CAMPA, en Folgoso do Courel explotada pola empresa CUPIRE-PADESA.
(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here