A Fundación Luis Tilve concede un premio ao C.E.S.
A entrega do premio, consistente nunha estatuílla do escultor Cesar Lombera, celebrouse no hotel Coia de Vigo, o venres 22 de xuño ás 12 da mañá, coa presencia, entre outros persoeiros, do alcalde de Vigo, o presidente da Deputación de Coruña e o Director Xeral de Traballo.
Para o CES, o ter recibido este premio, representa un apoio e un impulso para seguir na nosa laboura pola protección do noso entorno. Seguiremos mantendo a nosa liña de traballo, baseada na posta en valor dos recursos ambientais da nosa comarca, aportando alternativas e mantendo sempre a porta aberta a aqueles que queiran conseguir un desenvolvemento realmente sostible.
