ADEGA reaxe contra o decretazo das canteiras
Diante da recente legalización da canteira da Campa polo Consello da Xunta, ADEGA expresa a súa vontade de iniciar as accións xudiciais e sociais oportunas para tentar reparar este lamentábel erro. Non é doado xustificar ter autorizado esta canteira, con sentenza xudicial de paralización, e non permitir outras que están a traballar en espazos protexidos sen autorización nen licenza municipal, pero con concesións e declaracións de impacto favorábeis. E aínda mantendo a autoridade legal, con que autoridade moral se pode perseguir unha edificación fóra de ordenación, cando se concede autorización urbanística á ilegalidade, á desobediencia e á chantaxe?.
(more…)
(more…)
Alegacións á Mina de Andalucita
Estando a exposición pública o “Estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto da concesión de explotación Sonsoles IV promovido por Picobello Andalucita” o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas ven de presentar as seguintes alegacións:
(more…)
(more…)
Verdegaia critica o proxecto de actuación de Costas nas Brañas de Dodro
Deterioraría unha valiosa zona húmida que forma parte da Rede Natura 2000
Verdegaia critica o proxecto de actuación da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente para as Brañas de Dodro, por entender que deterioraría unha zona húmida de elevado interese natural, integrada na rede europea de espazos protexidos Natura 2000. Costas ignora o valor ecolóxico real das Brañas de Dodro e pretende promover actuacións que artificializarían o contorno. Verdegaia-Compostela solicitou á Dirección Xeral de Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente que someta o proxecto a un procedemento de avaliación ambiental e pediu á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta que interveña.(more…)
Cos Pés na Terra nº 2
Vén de se publicar o segundo número da revista electrónica “Cos Pés na Terra”, unha revista galega para a información, a reflexión e o debate sobre a sustentabilidade. Desde a independencia e con rigor e espírito crítico, “Cos Pés na Terra” aborda asuntos de interese relacionados co medio ambiente e coa sustentabilidade. Acompañando a publicación do segundo número, creouse un blog que recollerá comentarios de membros do consello de redacción da revista.
(more…)
(more…)
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here
