29/06/ 2007

O treito afectado pola mina do Courel estivo incluído dentro da Rede Natura 2000 cinco anos.

 A FEG considera escandaloso que se xustifique a canteira no Courel por non estar dentro da Rede Natura 2000.


A maior parte do treito do Courel excluído da Rede Natura reúne os mesmos valores que o resto do espazo, e a súa exclusión responde a prácticas fraudulentas de concesións realizadas polo anterior goberno e da que agora os responsables da nova Xunta parece que queren ser cómplices. O motivo de que Galicia ocupe o penúltimo posto dentro do estado de superficie protexida en Rede Natura 2000 e froito precisamente destas prácticas, e a riqueza natural galega non está ben representada. Clama ao ceo que os soutos do Courel sexan destruídos impunemente en pleno século XXI amparándose na falta de protección oficial.
(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here